FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA AUTONÓMICA: C.D. AS PONTES B C.F. CARNOEDO (1-1)
O As Pontes B iniciou a promoción de ascenso a Primeira Autonómica cun empate a un gol no Poboado diante do Carnoedo que se quedou cun xogador menos dende o minuto 21 trala vermella directa ó defensa Óscar por mans dentro da área. O penalti ó estilo panenka transformouno Vila. Antes tivo unha boa ocasión Borja. Os ponteses xogaron moi atenazados e non souberon aproveitar a superioridade numérica e as numerosas ocasións que tiveron ó longo de todo o partido, sobre todo no segundo tempo. O encontro foi de total dominio dos ponteses e púxoselles de cara co penalti anotado por Vila, pero un erro defensivo propiciou o tanto da igualada, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que uns minutos antes Vicente lanzou un disparo que pasou lambendo o poste da portería visitante.
A segunda parte comezou con acoso dos visitantes, que nos once primeiros minutos meteron o gol na portería local en dúas ocasións, pero na primeira o árbitro sinalou falta e na segunda fóra de xogo. A partir de aí foi un monólogo do As Pontes mentres que o Carnoedo defendíase como podía, a veces cun xogo brusco. Vila, Vicente, Borja e Fermín tiveron claras ocasións para marcar, pero estaba visto que o balón non quería entrar na portería que defendía Buta, incluso a falta de catro minutos para o final cando Borja regatea a varios defensas e porteiro visitante e cando ía directo á porta para marcar Fermín méteselle diante e envía un forte disparo ás nubes, un lanzamento que incluso estivo a piques de saír por banda. Xa no derradeiro minuto Vila lanza un chut que un defensa saca baixo paus.
Na vindeira xornada o As Pontes visita ó outro equipo do grupo, San Cristóbal das Viñas, subcampión do grupo da Coruña.
FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES B: Iván, Ferreiro, Nando, Palas, (Cristian, 65), Carlos, Totti (Moya, 75), Vila, Vicente, Púas (Narciso, 75), Borja e Marcos Novo (Fermín, 57).
CF CARNOEDO: Buta, Víctor (Borja Dorado, 70), Eloy, Óscar, Quique, Marticó, Boni, Álex Santos, Vila, Bernardo (Toni, 87) e Adrián (Miguel, 86).
ÁRBITRO: Manuel Bejarano Estepa, asistido nas bandas po Pablo Carballal e Rodrigo Fernández, da delegación de Ferrol. Durante todo o partido foi moi protestado polos xogadores e afeccionados do Carnoedo. Expulsou con vermella directa a Óscar, do Carnoedo. Tarxetas amarelas a Ferreiro e Carlos, do As Pontes, e Víctor, Vila e Borja Dorado, do Carnoedo.
GOLES: Min. 21 (1-0), penalti que trasnforma Vila. Min. 30 (1-1): Adrián.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada de promoción de ascenso á Primeira Autonómica disputado no campo principal do Poboado ante uns 150 espectadores nas gradas, con presenza de seguidores da parroquia sadense de Carnoedo.
Nova cortesía de A.F.