Amigus
As Pontes

XORNADA DE ELIMINATORIAS EN NOTTINGHAM

Miguel alcanza a terceira rolda en individual e loitará polo bronce por equipos.

Este mércores foi xornada de eliminatorias no Campionato de Europa, individuais, e por equipos, tanto en recurvo como en composto.

O pontés Miguel Alvariño, venceu na primeira rolda 6-2 ó letón Apsitis, e na segunda 7-3 ó rumano Marcu. O xoves competirá en dezaseisavos contra o turco Mete Gazoz, segundo da previa.

Tamén clasificaron os seus compañeiros, Pifarre venceu 6-0 ó grego Yantsios, e tamén 6-0 ó luxemburgués Klein. Juan Ignacio derrotou ó portugués Repas 6-0, e logo ó danés Lauridsen polo mesmo marcador.

Tamén as tres españolas alcanzaron a terceira rolda. As tres quedaron exentas da primeira rolda, e na segunda, Adriana Martín gañou 6-2 á grega Psarra, Alicia Marín 7-1 á británica Oliver. Algo máis compricado o tivo Mirene Etxeberría, pero venceu 6-4 á azerí Senyuk.

Por equipos, as mulleres caeron en oitavos 3-5 ante Gran Bretaña. Mellor lle foi ós homes, que venceron 5-1 en oitavos á Finlandia. Xa en cuartos, venceron pola mínima a Suiza, tras empatar 4-4 e 28-28 nas frechas de desempate, por estar as frechas españolas máis aproximadás ó dez que as suizas.

A outra cara da moeda lles tocou vivir nas semifinais ante o equipo ruso, i é que con 4-4 e 26-26 nas frechas de desempate, venceron os rusos pola mesma circunstancia.

Gran Bretaña e Rusia, polo ouro, e Bélxica e España polo bronce.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios