Xornada sobre o Amianto da CIG-As Pontes

A Unión Local da CIG-As Pontes programa unha xornada sobre os traballos con Amianto. Na Casa Dopeso, o xoves, día 29 de abril, ás 19 horas.
Intervirán:
Alberte Amado Tallón. Secretario da Unión Local da CIG.
Cristobal Carneiro Mella. Presidente de AGAVIDA.
Paula González Grueiro. Técnica de Prevención e Riscos Laborais da CIG.
O Amianto foi usado habitualmente nos traballos de Mantemento da Central Térmica, tanto por traballadores/as de Endesa como de Compañías Auxiliares.
Recentemente, unha sentenza en Cataluña, vén de recoñecer unha indemnización á familia dos herdeiros un traballador dunha Central Térmica de Endesa, en traballos moi semellantes aos realizados nas Pontes nos últimos 30 anos.

También podría gustarte
Comentarios