XX TROFEO SILEX

O pasado domingo día 5 de xuño celebrouse nas instalacións do Clube Silex de As Pontes a XX edición do Trofeo Sílex, un dos trofeos decanos de Galicia qiue ven celebrandonse dende 1992.
Nesta ocasión participaron arqueiros de Ourense, Lugo e A Coruña nas categorías veterán, senior , xuvenil e cadete. Ademais a convocatoria era coincidente para o Campionato Galego Cadete de Aire Libre, xa que por problemas de calendario dos arqueiros da FGTA era a única data posible. Faltaron na liña de tiro os arqueiros que baixo a disciplina da Federación Española estan cumplindo cos compromisos internacionais, nesta ocasión Iria Grandal e Gema Buitrón estaban viaxando cara a Turquia para disputar o segundo encontro da Copa do Mundo en Antalya; e Xaquin Mira que non pudo viaxar por mor dos entrenamentos os que o ten sometido o seleccionador e entrenador da Federación Española.


A competición celebrouse oi longo de todo o día, xa que a modalidade de “round FITA1000” esixe que se disputen catro distancias distintas nas rondas clasificatorias.
Para os arqueiros de Arco Composto a normativa cambiou neste ano, tendo que disputar duas series a 50 m sobre unha diana reducida ( con valores do 10 ó 5) Tamen tivemos diferenzas nas eliminatorias, asi para os arqueiros de arco recurvo as eliminatorias foron por set (danse puntos según gañes, empates ou perdas cad un dos enfrontamentos), para os de arco composto a eliminatoria decidiase poa suma total dos puntos que consigue cada arqueiro no enfrontamento.
A competición iniciouse as 9,30 h, realizandose un descanso as 13,30 para continuar pola tarde AS 15,30h. terminouse a competición coa declaración da Campiona do Trofeo Silex as 19,30h. A Campiona do XX Trofeo Silex desta edición saleu do enfrontamento entre a 1ª Clasificada de arco recurvo e o 1º Clasificado de Arco recurvo. Nesta ocasión Jennifer Bartucca (de Arco Ferrol) foi a brillante campiona, nunha final emocinante, e donde participantes a publico vibraron ata a última frecha.
Destacar tamen os campións galegos Cadete, donde Laura Mendez (da Escola Lucense de Tiro con Arco) e Miguel Alvariño (do Clube Sílex) son os flamantes campións de aire libre neste ano.
Para entrega de premios contamos coa presencia de Jorge Mato, Presidente da FGTA e de Valentin Gonzalez, Alcalde, en funcións, de As Pontes.

También podría gustarte
Comentarios