Amigus
As Pontes

XXIII CARREIRA DE SAN XOSÉ, As Pontes 2013

Data: sábado 23 de marzo de 2013
Hora: 17:00
Lugar: circuito de A Fraga (xunto ó pavillón municipal)
Distancia: dende 350 a 6500 metros
Organiza: Concello de As Pontes e Clube Atletismo Olympo
Inscricións: www.championchipnorte.com e nas oficinas do pavillón municipal (8:00 a 15:00) Tfno. 981 45 26 02, ata o mércores día 20
Prezo da inscrición: 1€ para a carreira absoluta, as escolares son gratuitas.
*Recollida de dorsais ata media hora antes de cada proba
sanjose.jpg


XXII Carreira Pedestre San Xosé – As Pontes 2013 organizada polo Concello de As Pontes e o Clube Atletismo Olympo, a disputar o sábado 23 de marzo a partir das 17:00
REGULAMENTO CATEGORÍA ABSOLUTA
1. A saída absoluta terá lugar no CIRCUITO DA FRAGA (xunto o Pavillón Municipal) despois das carreiras escolares.
2. Os participantes deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da proba.
3. O recorrido será dunha distancia aproximada de 6.500 metros.
4. A clasificación será absoluta e por categorías.
5. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de algún vehículo de apoio. O incumplimento de esta norma implicaría a descalificación dos atletas acompañados.
6. Ó longo do recorrido a organización establecerá controis para regular a axeitada participación dos atletas.
7. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal será descalificado.
8. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOÍS DE QUE CHEGUE O PRIMERO/A CLASIFICADO/A.
9. A inscrición realizarase na web: www.championchipnorte.com ou nas oficinas do Departamento de Deportes de 8:00 a 15:00 (Pavillón Municipal). O prezo da inscrición será de 1€ abonandoo no momento da inscrición nas oficinas ou a través de pasarela de pago. A inscrición pecharase o mércores 20. Os datos necesarios para a inscrición son:
NOME E APELIDOS, DNI, DATA DE NACEMENTO, CLUBE E LOCALIDADE DE ORIXE
10. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPÓIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECER O DESENVOLVEMENTO DA MISMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DE ATLETA PONTÉS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS
11. PERCORRIDO: 2 Voltas Circuito C ESCOLAR + SUBIDA CLÁSICA Ó PANTANO (6.500 m)
12. Establécense as seguintes categorías :
– XUVENIL (M e F) Nados nos anos 1994-95-96-97
– PROMESA-SÉNIOR (M e F) 1993 e anteriores.
– VETERANAS 35 anos cumpridos no día da proba.
– VETARÁNS 40 anos cumpridos no día da proba.
NOTA: Poderase autorizar a participación na carreira absoluta na categoría de CADETES (M e F) con autorización por escrito do delegado do clube con unha hora de antelación na Secretaría da proba, optando únicamente ós premios da categoría absoluta.
13. Establécense os seguientes premios absolutos, tanto para categoría masculina como feminina:
1º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 200€
2º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 120€
3º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 75€
4º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 50€
5º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 30€
TROFEO ós tres primeros clasificados/as por cada categoría se non chegan entre os/as tres primeiros/as absolutos/as.
TROFEO LUÍS BARRIO DOEL + PREMIO GALIORIENT: o primer pontés e a primeira pontesa clasificados.
PREMIO OPTICALIA ós atletas que cheguen no posto XXIII da clasificación masculina e da feminina.
En ningún caso (excepto o trofeo LUÍS BARRIO) un mismo atleta podrá recibir dous trofeos, percibindo únicamente o de maior categoría.
14. Haberá servizo de duchas nos vestiarios do polideportivo municipal (A Fraga)
REGULAMENTO ESPECÍFICO CATEGORÍA ESCOLAR
1. Esta categoría está reservada para tódalas ATLETAS E ENTIDADES(Centros escolares, agrupacións, clubes, etc.) que desexen participar, tanto públicos como privados, con participantes en idade escolar (6-16 anos).
2. Cada entidade podrá inscribir a tódolos/as participantes que desexe.
3. O recorrido será diferente ó absoluto en función das categorías.
4. Establécense as seguintes categorías :
PREBENXAMÍN (M. e F.): Anos 06-07 350 m. 1 volta Circuito A
BENXAMÍN (M. e F.): Anos 04-05 550 m. 1 volta Circuito B
ALEVÍN (Feminino): Anos 02-03 900 m. 1 volta Circuito C
ALEVÍN (Masculino): Anos 02-03 1250m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Feminino): Anos 00-01 1250m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Masculino): Anos 00-01 1450 m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Feminino): Anos 98-99 1450 m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Masculino): Anos 98-99 1800 m. 2 voltas Circuito C
5. Coa finalidade de fomentala participación, para a clasificación por ENTIDADES, otorgaranse tres premios (vale de 150 €, canxeable por material deportivo, en calquer dos establecementos da vila) as que clasifiquen no maior número de participantes na liña de chegada, sumados os participantes da totalidade das categorías escolares.
6. Concederanse os seguintes premios :
*Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías.
*Trofeo ó primer pontés/a clasificado/a en cada categoría.
7. As inscricións escolar e por entidades nas que se fará constar o nome e apelidos de cada atleta, así como o ano de nacemento, presentaranse por duplicado nas oficinas do Departamento de Deportes do Concello das Pontes (Pavillón Municipal, s/n) non máis tarde das 13:00 H. do 20 de marzo puidendo ser enviadas por correo, fax (662340856), tfno (981452602) ou e-mail (deportes@aspontes.org).
Ditas inscricións presentaranse con letra lexible (preferentemente máquina) en follas aparte por cada categoría e sexo, coa firma do delegado ou entrenador e o sello da entidade.
8. A saída das probas terá lugar a partir das 17:00 horas.
9. A recollida de dorsais das entidades participantes farase conxuntamente. O delegados ou entrenador da entidade, necesariamente un maior de 18 anos, cuyo nome e apelidos figurará nas inscricións, recibirá as indicacións adicionais necesarias para o mellor desenvolvemento da proba.
Nova cortesía de Susana Castro

También podría gustarte
Comentarios