XXXI MOSTRA CORAL “VILA DE AS PONTES”

O sábado, 9 de xullo (20,00) no Auditorio Municipal Alovi

Con motivo das festas do Carme e A Fraga, este sábado, 9 de xullo, celebrarase no Auditorio Municipal Alovi, de As Pontes, a 31ª edición da mostra de música coral “Vila de As Pontes”, que un ano máis organiza a Agrupación Coral Endesa As Pontes baixo o patrocinio do Concello de As Pontes. O concerto comezará ás oito do serán (20,00).

Neste xa veterano festival de música coral pontés terá un carácter internacional coa participación do Orfeâo de Barrô, freguesía do concello portugués de Águeda, próximo a Aveiro. Tamén participarán a Coral Frol Nova, de Chapela (Redondela), a Coral Amanecer, de Gijón e a anfitrioa, Coral Endesa As Pontes, organizadora do festival.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios