XXXVII Feira do Grelo

Domingo 26 de Febreiro de 2017
Concurso de Grelos • Mostra de Camelias • Degustación Popular • Mostra “Son de Campo” • Feira de Produtos Autóctonos e Artesanía • Martes 28: Cabalgata de Entroido

XXXVII Feira do Grelo

Programa – 26 de Febreiro

0:08/10:00 Concurso para cestas de grelos. Numeración das cestas dos participantes. Mercado Municipal

10:00/11:00 Exposición e cualificación das cestas.

11:00/13:00 Retiradadas cestas seleccionadas polo xurado e posta á venda da mercancía exposta.

12:30 Entrega de premios do concurso de cestas. Patio do Colexio Sta. María

12:30 DEGUSTACiÓNS

MENÚ 10€

Patio do colexio Sta. María (Carpa climatizada)

 Sopa de cocido

 Cocido con grelos, costela, lacón, chourizo, garavanzos e patacas.

 Sobremesa: requeixo da Faeira con mel de Goente

* O servizo de menú será ata as 15h, e sempre que haxa existencias. (Haberá servizo de menú para levar)

FREIXÓS

A freixoeira estará instalada na Avda. da Coruña 1€ (3 uds.)

ACTIVIDADES

Exposición e TORNEADO E TALLA EN MADEIRA en vivo Asociación Amigos da madeira. Rúa Ramón Cabanillas.

ECOESCOLA Para os máis pequenos Campaña municipal Rqu3r, con zona de xogos de refugallo. Rúa Ramón Cabanillas.

CASA DO MEL (visitas guiadas). De 16/21h. Goente

MUSEO ETNOGRÁFICO CPI MONTE CAXADO (visitas guiadas) de 11:30/13h, Avda. Monte Caxado.

EXPOSICIÓNS

FEIRA SON DE CAMPO

Feira itinerante promovida pala Federación de mulleres rurais FADEMUR con produtos autóctonos nos que se inclúen alimentación, agasallos, cosmética, xoiería etc.

A venda e exposición irá tamén acompañada de demostracións ao vivo e degustacións dirixidas a toda a familia.

https://www.facebook.com/sondecampo/

Praza de América

I MOSTRA DA CAMELIA

Exposición de distintas variedades de camelias que achegarán ata As Pontes membros da asociación de toda Galicia. Org. AICAM.

A exposición contará o sábado 25 cun obradoiro de esmaltado a cargo dunha artesá de xoiería. Sala de exposicións do mercado vello de 16.30h a 19.30h. lnscricións gratuítas no Dpto. de cultura ata o 21 de febreiro.

Praza de América

Mostra da Federación de RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA

Can de palleiro, parco celta, galiña de Mas, ovella galega. BOAGA.

Carpa instalada na rúa Alexandre Bóveda

MÚSICA

SÁBADO 25

Música de rúa. Durante toda a xornada cargo de Trevillas e Canavella

18.30 CAXADE

Banda de 4 músicos que retoman cos seus acordes os antigos sons das orquestinas da vello europa.

Carpa Praza de América

DOMINGO 26

Música de rúa. Durante toda a xornada cargo de No Combaro, Os Feroces da Galgueira e Alfaia

12.30 RADIO COS

Pandereteiros de sana que xunto a unha banda de prestixiosos músicos fixeron evolucionar a nosa música de xeito natural e con este repertorio percorren escenarios de toda europa.

Carpa Praza de América

DOMINGO 26

18.30 PELEPAU

Abrirá o Concerto a COMPARSA pontesa GRELEIXAS. Formación de percusionistas cunha posta en escea dinámica e participativa co público na que a masan as adaptacións de cantigas populares de diferentes orixes.

Auditorio municipal Cine Alovi. Entrada gratuita

También podría gustarte
Comentarios