Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

A Liga Local de Futbol Sala de As Pontes entra na súa recta final coa disputa o vindeiro domingo día 19 da decimoquinta xornada. Unha xornada na que se pode desfacer a igualdade existente entre os catro primeiros clasificados xa que só os separan dous puntos no que está a ser unha das tempadas mais igualadas dos últimos anos.

A Liga Local de Futbol Sala de As Pontes entra na súa recta final coa disputa o vindeiro domingo día 19 da decimoquinta xornada. Unha xornada na que se pode desfacer a igualdade existente entre os catro primeiros clasificados xa que só os separan dous puntos no que está a ser unha das tempadas mais igualadas dos últimos anos.

A xornada arricará as catro da tarde cun apaixoante encontro entre o líder a Unión Futbol Sala e o Estanco Maricarmen. Encontro no que ámbolos dous conxuntos buscaran os tres puntos en xogo dende o principio ben sexa para afianzarse na cabeza da táboa no caso da Unión Futbol Sala ou para meter presión aos seus rivais mais directos polo título no caso do Estanco Maricarmen.

Ás cinco xogarán O Esteo F.S. “B” e o Pinturas Colormix un encontro no que ámbolos dous conxuntos necesitan puntuar para esgotar as poucas posibilidades que lles quedan para eludir a fase previa da Copa. No caso do Pinturas Colormix é case imposible.

A continuación A Cova dos Trasnos e o Matojoma-Las Torres enfrontaranse nun encontro no que non existe un claro favorito xa que ámbolos dous conxuntos son dos que mellor futbol sala veñen realizando durante toda a tempada polo que se prevé que sexa un partido moi disputado.

Ás sete da tarde Bar Calvo e Ribadeume F.S. veranse as caras nun encontro no que o Ribadeume F.S. buscará refacerse da derrota sufrida a pasada xornada e volver a senda do triunfo pero non o terá nada fácil xa que o Bar Calvo esta a ser un dos rivais mais difíciles de batir.

O colista o N.G. UB2 Futsal e o Husse-Barbarroja pecharan a xornada nun encontro no que o Husse-Barbarroja parte como favorito para levarse os tres puntos en xogo pero no que o N.G. UB2 Futsal tentará buscar esa ansiada victoria que se lle resiste desde comezos da Liga.

A continuación deixamosvos cos horarios e emparellamentos desta xornada nº 15

15ª XORNADA DOMINGO DIA 19 DE FEBREIRO PAVILLON MUNICIPAL

16:00 h. UNION FUTBOL SALA – ESTANCO MARICARMEN
17:00 h. O ESTEO F.S. “B” – PINTURAS COLORMIX
18:00 h. A COVA DOS TRASNOS – MATOJOMA-LAS TORRES
19:00 h. BAR CALVO – RIBADEUME F.S.
20:00 h. N.G. UB2 FUTSAL – HUSSE-BARBARROJA

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios