17 DE FEBREIRO: MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE EN SANTIAGO‏

gznonsevende.jpg
O colectivo Galiza Non Se Vende convoca á cidadanía preocupada pola destrucción do territorio a unha manifestación o domingo 17 de febreiro en Santiago de Compostela
Info enviada por Nuria Castro.


A especulación, o urbanismo salvaxe e a marbellización do litoral, a contaminación e recheos nas rías, a degradación dos ríos, o plan acuícola, o plan da minería, o plan eólico, o novo plan de portos deportivos, a destrucción do Courel, Reganosa, Ence,a planta de residuos proxectada en Ribadavia,a desaparición do rural, a destrución dos espazos protexidos e do patrimonio cultural…
Todas estas son manifestacións deste proceso destructivo que en maior ou menor medida afectan a todo o territorio e poñen en perigo o futuro desta sociedade e a integridade do seu medio. Para manifestar a nosa oposición e tentar poñerlles freo acudide a Compostela o 17 de febreiro e difundide agora esta convocatoria a través dos vosos correos e bitácoras.
Máis info na web de Galiza Non Se Vende.

También podría gustarte
Comentarios