Amigus
As Pontes

#19JAlertaFeminista – Movemento de protesta contra dos orzamentos do estado para a dotación de fondos ao Pacto de Estado contra a violencia machista

O próximo 19 de xuño as Organizacións de Mulleres de todo España únense á iniciativa promovida polo Movemento Feminista de Valencia e convocan #19JAlertaFeminista ante a aprobación dos próximos PGE para 2017.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O próximo 19 de xuño as Organizacións de Mulleres de todo España únense á iniciativa promovida polo Movemento Feminista de Valencia e convocan #19JAlertaFeminista ante a aprobación dos próximos PGE para 2017. Denunciamos que estes orzamentos non atenden as necesidades sociais e agravan os problemas de desigualdade entre homes e mulleres, con consecuencias desastrosas para a vida das mulleres.

Sen recursos e orzamentos os poderes públicos comezan a ser responsables das violencias machistas. Por iso esiximos a urxente asignación de partidas orzamentarias para combater as violencias machistas.

Menor taxa de ocupación feminina, desigualdade salarial, precariedade, feminización dos coidados e aínda por riba, DÍA A DÍA, ESTÁN a asasinarnos, a nós e ás nosas crianzas, ante a máis absoluta indolencia do goberno central, as institucións e os poderes públicos.

Se os poderes públicos, e á fronte deles o Goberno central, non habilita de inmediato recursos e orzamentos para facer fronte ao terrorismo machista que segue asasinando a mulleres e nen@s, terán que asumir a responsabilidade que lles corresponde.

Xa non podemos aguantar nin un asasinato máis. Non se amosa interese en acabar co machismo, nin cos privilexios que sustenta o patriarcado. Os asasinatos de mulleres normalizáronse e mañá podemos ser calquera de nós, ou as nosas fillas, nais, veciñas ou amigas. Por iso unímonos as mulleres e organizacións de mulleres para sumarnos á iniciativa promovida a nivel estatal polo Movemento Feminista de Valencia.
En As Pontes, o acto central terá lugar ás 20:00h na Praza do Hospital. Consistirá nunha concentración e lectura do manifesto oficial, acompañado de accións visuais, para amosar a nosa desconformidade coas políticas que se están levando a cabo dende o goberno central contra das violencias machistas. Esiximos que o pacto de estado se dote con 120 millóns de euros para que se poida comezar a traballar xa dende os concellos.

As Pontes, 16 de xuño do 2017
Colectivo Feminista As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios