III Torneo de Fútbol-8 Vila de As Pontes
Viveiro en infantil, Deportivo en Alevín e Benxamín, e o As Pontes en Prebenxamín, foron os gañadores.
Viveiro en infantil, Deportivo en Alevín e Benxamín, e o As Pontes en Prebenxamín, foron os gañadores.
Esta fin de semana levouse a cabo nos campos de O Poboado o terceiro torneo de Fútbol-8 moi ben organizado polo CD As Pontes, o Concello pontés e a Comisión de Festas.
O sábado xogouse o torneo Prebenxamín e Alevín. Nos máis pequenos o equipo pontés A deu a maior alegría local no torneo tras vencer 1-0 na final a todo un Racing de Ferrol.
E iso que comezaron mal, perdendo 1-3 co Vilalbés A, e empatando 2-2 co Viveiro, pero remataron a fase de grupos goleando 8-0 ó Cariño. En cuartos derrotaron 3-0 ó Galicia de Caranza e en semifinais vingáronse do primeiro equipo de Vilalba, 1-0.
O Prebenxamín B pola súa banda, gañou 1-0 ó Vilalbés B, perdendo despois con Ferroviaria (1-6, Caranza (0-1), Racing de Ferrol (0-6), e en cuartos co Vilalbés A (0-7).
Na categoría Alevín resultou vencedor o Deportivo de A Coruña do pontés David Carballo, que venceu 4-1 na final ó Ferroviaria de Lugo.
O Alevín A pontés gaño una fase de grupos 6-0 ó Cedeira, 5-0 ó Sagrado Corazón B, e 4-1 ó Polvorín, gañando en cuartos 4-0 ó Vivieiro A, pero perderon en semis na quenda de penaltis, a gran cruz desta xeneración, despois de dominar un partido que acabou 1-1.
Pola súa banda o Alevín B gañou 5-0 ó Vilalbés, 5-0 ó Viveiro B, nun grupo de só tres equipos, caendo en cuartos 1-3 ante o equipo lucense do Sagrado Corazón A.
Xa na xornada do domingo competían Benxamíns e Infantís. Nos Benxamíns gañaba o Deportivo da Coruña 4-0 ó Once Caballeros na gran final.
O Benxamín A pontés gañaba 2-0 ó Polvorín, empataba 1-1 co Rayo Sadense e perdía 2-3 co Sagrado Corazón, equipo co que tamén se cruzou en cuartos, caendo desta vez 0-4.
O Benxamín B pola súa banda perdía 0-5 co Once Caballeros, empataba 2-2 co Viveiro B e gañaba 1-0 ó Montañeros, caendo en cuartos 5-0 ante o campión herculino.
Por último, na categoría dos máis grandes, a Infantil, vencía o Viveiro na gran final ó Cariño por 4-0, aínda que o partido foi máis igualado do que indica o marcador, que acabou por desnivelarse nos derradeiros minutos.
O As Pontes A perdeu os seus tres partidos de grupo, 0-1 ante Mugardos, 2-3 ante Rayo Sadense e 0-3 ante o campión viveirense non podendo acceder a curtos de final.
Mellor lle foi ó As Pontes B, que venceu 3-0 ó Rápido de Neda e Polvorín, empatando 2-2 co Perlío. En cuartos gañaron 3-1 ó Galicia de Mugardos, perdendo nas semifinais 2-1 ante o futuro campión.
Ó finalizar as longas xornadas de sábado e domingo entregaron os diversos trofeos a campións e subcampións de cada categoría, o Concelleiro de deportes Chicho Tembrás, e Fina Bellas, Ramón Silvén e Pablo Montero, da Comisión de Festas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.