XVIII REGATA DE VELA VILA DE AS PONTES – CAMPIONATO GALEGO VAURIEN – 2017

Pablo cabello e Jaime Lago foron os vencedores absolutos.

Esta fin de semana levouse a cabo no Lago de As Pontes a 18ª edición da Regata de Vela Vila de As Pontes, e asemade, o Campionato Galego da clase Vaurien.

Por mor do escaso vento que houbo nos calorosos días de sábado e domingo apenas se puideron disputar dúas mangas, copando todos os podios o Real Club Náutico de Vigo, agás un terceiro posto vasco.

Na categoría absoluta venceron Pablo Cabello e Jaime Lago, que gañaron as dúas mangas, sendo segundos Tone Pérez e a tetracampiona mundial Laura Llópiz, e terceiros Mario Pérez e Alain Arri do RCN Hondarribia.

Na categoría feminina venceron a Campiona do Mundo 2014 e 2016 Alejandra Súarez, xunto con Adriana Martínez, sendo segundas Paula González e Andrea González, e terceiras Paloma Valverde e Alba Díaz.

Na categoría xuvenil os gañadores foron Kevin Figueiras e Daniel Fernández, repetindo segundo e terceiro posto, Paula González e Andrea González, Paloma Valverde e Alba Díaz.

Entregaron os trofeos o Concelleiro de Deportes pontés Chicho Tembrás, o Presidente do Club de Vela Fluvial As Pontes, Xose Guerreiro, e Manuel Villaverde e Nacho campos, da Federación Galega.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios