Últimas novidades no CD As Pontes
O clube pontés anunciou cinco novas fichaxes e cambios no organigrama
O CD As Pontes segue a perfilar o seu plantel de cara á tempada 2017-18 na Preferente Norte de Galicia.
Xa se coñecía a continuidade de Paco, Pardo, Ramos, Jaime, Criado, Jandro e Troncho, ademais dos retornos de Dani e Diego Chis.
Nos últimos días sábese tamén do retorno do mítico capitán Bossa, o medio centro viveirense Fidi, e Eloy Díaz, o coruñés que fora dianteiro do equipo pontés na 2012-13 e máximo goleador da Preferente Norte co Dubra na 2015-16 e do Narón en 2011-12.
Tamén chegan Diego Rego, central de 31 anos procedente do Viveiro, e Roberto Rodríguez, que ven do fútbol asturiano e tamén xoga no centro da zaga.
Ademáis, Iván Rodríguez será o novo director técnico da base, e Jose Carballo director xeral do clube. Con 14 xogadores no plantel a día de hoxe agárdanse máis incorporacións.
Nova cortesía de Xose Ferreiro