1ª prueba del Campeonato Gallego de Karting As Pontes

O circuíto local de karting pontes acogio este fin de semana a primeira proba do calendario, na que participarán uns 40 pilotos

Os motores volven ruxir este fin de semana no circuíto das Pontes para acoller unha proba oficial na modalidade de kárting. Concretamente, será a primeira carreira do calendario do campionato Galego e a segunda cita de carácter autonómico que se celebra nas instalacións pontesas, que acolleron o pasado mes de outubro a estrea da pista para albergar o final do Galego.
Nesta ocasión, estímase que uns 40 pilotos de distintos puntos da comunidade participarán nesta proba. Cabe destacar que a gran maioría, uns 30, son menores de 13 anos, polo que se poderá ver nas Pontes á canteira do kárting galego.

Todos eles repartiranse en seis categorías: Rookies (para os máis pequenos, pilotos ata oito anos), alevín, cadete, X30, Super X30 e KZ2.O campionato arrincará o sábado cos adestramentos libres, que se celebrarán en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e tarde, de 15.00 a 19.00 horas, e con mangas de 15 minutos por categoría. O domingo será a competición oficial. Ás 9.00 faranse as verificacións para pasar ás 10.15 aos adestramentos libres. As mangas oficiais serán a partir das 11.45 horas e as semifinais e finais, ás 13.15 horas.

En canto aos representantes da zona, destaca a participación do pontés Adrián Dopico, que, a pesar de afrontar o seu segundo ano na Rookies Cup, volverá ser o piloto máis novo da grella, e dun equipo de Vilalba, campión nas dúas últimas tempadas na categorìa X30. Tamén é salientable a presenza feminina, con cinco inscritas.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios