25 razóns para cambiar a Linux

Lendo barrapunto.com:
“Leo en OSNews o anuncio dunha ligazón a un excelente texto en inglés que apunta algunhas das principais razóns para cambiarse a Linux, do que me permitín facer un esquema traducido ó castelán, que reproduzo a continuación. O texto inclúe tamén un par de razóns para que unha empresa se cambie de Linux a Windows […]”…


…”
1. Pode ser descargado e replicado sen custe algún.
2. Permite modifica-lo seu código fonte para adaptalo ou experimentar.
3- Pódese obter un soporte de alta calidade gratis en internet.
4. Aínda que versións antigas queden sen soporte sempre estará o código.
5. Mantense sempre compatible coa arquitectura UNIX.
6. Ninguén che pode obrigar a actualiza-lo software.
7. Pode ser actualizado a versións novas sen custe algún.
8. Non obriga a revisar nin actualizar as licenzas dos programas.
9. Posúe maior seguridade contra infeccións.
10. É altamente resistente a caídas do sistema e raramente precisa reiniciar.
11. Posúe unha enorme cantidade de programas de alta calidade que se poden usar.
12. Permite elixir entre moitas distribucións xeralmente compatibles entre sí.
13. Oferta un alto grao de flexibilidade na configuración e persoalización.
14. Utiliza formatos de arquivo abertos.
15. É xeralmente máis rápido para un conxunto de hardware determinado.
16. Oferta una alto nivel de compatibilidade con outros sistemas operativos.
17. Mantén fortes estándares éticos no seus sistema de desenvolvemento.
18. Pode funcionar nunha ampla variedade de plataformas.
19. Reduce a necesidade de actualizar ou substituir hardware para actualizalo.
20. É a millor elección para institucións educativas que impartan informática.
21. Oferta transparencia en procesos democráticos para entidades do governo.
22. Fai difícil que alguén introduza portas traseiras no código.
23. Usalo fomenta a diversidade e a competencia na industria do software.
24. Non só acadou ós seus rivais propietarios, senon que avanza máis rápido.
25. Proporcinoa ós seus usuarios a oportunidade de contribuir ó seu desenvolvemento.
“…
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios