3.000€ EN PREMIOS PARA A CAMPAÑA MERCA NAS PONTES

A Asociación de empresarios e comerciantes pontesa aúna ao sector comercial para ofrecer aos clientes a oportunidade de gañar ata 1.500€
Desde o 9 de decembro está en marcha a campaña de Nadal Merca nas Pontes, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios e Comerciantes das Pontes, á que cada ano acóllense numerosos establecementos de todo tipo da localidade, socios e non socios da entidade.
A iniciativa pretende premiar a fidelidade e confianza depositada polo cliente no comercio local ademais de ser un impulso ás vendas do sector comercial moi prexudicado polos cambios de consumo, posto que os gastos céntranse agora máis nos pequenos da casa e nas comidas familiares.
Por iso, aproveitando estas datas, unha vez máis se leva a cabo unha acción conxunta que representa a variedade de oferta comercial que hai nas Pontes e onde o cliente poderá desde encargar os doces típicos ata comprar esa peza, complemento ou agasallo para estas festas con prezos accesibles para todo o mundo. A cambio desas compras recibirá rifas para participar no sorteo.
A diferenza das pasadas edicións na que se facían sorteos semanais, este ano haberá un único sorteo que se celebrará o 11 de xaneiro e no que se repartirán 3.000 € en vales de compra. Estes premios van desde os 500 aos 1.500€, polo que os clientes deberán gardar os seus rifas ata entón para poder reclamar.
Para facilitar as compras o comercio pontés abrirá os sábados e domingos, incluído o 5 de xaneiro véspera de Reis que coincidirá co último día para conseguir rifas e ser o afortunado ou afortunada dalgún dos premios.
+información www.mercanaspontes.com/nadal2013

También podría gustarte
Comentarios