C.D. AS PONTES – CULTURAL AREAS (2-0)

O As Pontes ascende ó máis alto da Terceira División
Quinta vitoria consecutiva e nove partidos sen perder do Club Deportivo As Pontes, que na noite de hoxe mércores gañou sen apuros ó Cultural Areas por 2-0, un resultado que se antolla curto a tenor do xogo e das moitas ocasións das que dispuxo o cadro pontés, que xa no primeiro minuto de partido puido marcar o primeiro tanto, pero o forte disparo de Iván foise rozando o longueiro da portería visitante. Os locais achegábanse unha e outra vez á porta de Vitas, pero o balón parecía que non quería, pero tanto insistiron os azuis que no minuto 25 Chicho colleu un rexeite dun defensor do Areas para marcar o primeiro gol do As Pontes. Pola súa banda, o Areas trataba de cortar o ritmo dos ponteses a través de faltas, pero as ocasións seguían sendo do As Pontes. Sen embargo, o marcador non se moveu, chegándose ó descanso con vantaxe local dun gol a cero.
O segundo tempo foi máis do mesmo, dominio do As Pontes ante un Areas que puxo algo máis de intensidade no se xogo, pero con que poucas ocasións de gol. David Amado e Chicho tiveron nas súas botas as primeiras opcións para incrementar a diferenza no marcador. No minuto trece o Cultural Areas mandou o balón ó fondo da rede, pero xa antes o colexiado sinalara fóra de xogo, acción que non foi protestada polos visitantes. Uns minutos despois Fidi tivo unha inmellorable oportunidade, pero o meta Vitas, que estivo moi acertado ó longo do partido, desviou a córner. No minuto 26 a piques estivo de empatar o Cultural Areas nunha perda de balón no centro do campo que desbaratou en primeira instancia Marcos e logo un defensor mandou o esférico a córner. As ocasións do As Pontes seguíanse producindo e nunha delas, Sergio Arias, que estivo moi activo durante todo o partido, intérnase pola banda esquerda e o seu centro é cabeceado cara atrás por Borja e Iván González nunha inmellorable posición manda o balón ó fondo da portería poñendo o 2-0 no marcador, resultado que ó final sería o definitivo, aínda que o xogador de Pol tivo outras dúas claras opcións para marcar antes de rematar o partido.
Tras esta nova vitoria, unida ó empate do Cerceda na casa diante do Bertamiráns e a falta do encontro Pontevedra-Boiro, que se disputa mañá en Pasarón, o As Pontes comparte o liderato co Cerceda, único equipo que aínda non perdeu na presente campaña. O vindeiro domingo o As Pontes xoga no campo do Arousa (16,00) e remata a primeira volta recibindo no Poboado ó Bertamiráns.
cdaspontes


C.D. AS PONTES: Marcos, Rochela, Álex Cabarcos, Jorge Nano (Dani, 55)), Pablo López, Aitor, Fidi, Iván González, David Amado (Borja, 77), Sergio Arias e Chicho (Esmorís, 70).
CULTURAL AREAS: Vitas, Samuel, Portas, Pichi, Sito, Alberto, Carlos Pereira (Demi, 85), Cañi (Hugo, 76), David (Cuadrado, 67), Juan Feijoo e Arenas.
ÁRBITRO: Francisco Rodríguez Campos (A Coruña), asistido de Diego Sánchez e Carlos Suárez . Amoestou ós visitantes Portas, Pichi, Carlos Pereira, Cañi e Hugo.
GOLES: Minuto 25 (1-0), Chicho. Minuto 81 (2-0), Iván González.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da décimo sétima xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado que rexistrou unha entrada de 150 espectadores nas gradas en noite fresca aínda que menos fría ca días anteriores. Antes de iniciarse o partido gardouse un minuto de silencio polo falecemento do pai dun directivo do Club Deportivo As Pontes.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios