3º SAN SILVESTRE PONTESA 2013
Este martes disputouse a terceira edición da San Silvestre Pontesa. Pese ás malas condicións meteorolóxicas das últimas semanas a choiva deu unha tregua pola tarde para a disputa das competicións nas distintas categorías nas que participaron sobre 500 competidores entre carreiras e andaina.
A pesar das fechas navideñas, a proba organizada polo Concello de As Pontes e o Clube de Atletismo Olympo contou cunha boa participación, entre eles xente importante como os Campións de Europa Borja Prieto e Antonio Polo, as irmáns Alonso ou Brais Canosa.
Os gañadores absolutos foron os triatletas naroneses Brais Canosa, e Melina Alonso, bronce no Mundial Junior de Duatlón. Os mellores ponteses foron Xose Manuel Meizoso Minecho (6º) e David Castro (7º), mentres que en mulleres foron Laura Cabarcos (10º), e a dobre gañadora do Sella Obdulia García (11º).
Cinco triunfos ponteses correron a cargo de Azdin Jeddaoui, Andrea Montero, Hugo Blanco, África Morales e Aloia Murado. Os outros triunfos foron de Antonio Souto, de Vilalba, Soraya Hernández, de Carballo, e Adrián Rivadulla, de Neda.
Entregaron os trofeos Carlos Castro, Concelleiro de Deportes, e a gran ex atleta Susana Castro, presidenta do Clube Atletismo Olympo.
No turno dos premios ós disfraces, o gañador en individual foi Gonzalo Pena Balseiro, por parellas, Vanesa Prieto e Tania Fornos e por equipos Belén Dopico, Elena López e Isabel Vázquez.
Os gañadores das carreiras nas diferentes categorías foron:
Absoluta Masculino: 1ª Brais Canosa, 2º Rodolfo Somovilla, 3º Óscar Tolosa
Absoluta Feminino: 1º Melina Alonso, 2º María Souto, 3º Xoana Roig
Cadete Masculina: 1º Antonio Souto, 2º Alberto Tomé, 3º Oliver Nuñez
Cadete Feminina: 1º Soraya Hernández
Infantil Masculina: 1º Azdin Jeddaoui, 2º Manuel Maragoto, 3º Mohamed Jeddaoui
Infantil Feminina: 1º Andrea Montero, 2º Lucía Rivadulla, 3º Lucía Sicre
Alevín Masculina: 1º Hugo Blanco, 2º David Lagares, 3º Esteban Cobas
Alevín Feminina: 1º África Morales
Benxamín Masculina: 1º Adrián Rivadulla, 2º Bilal Belhaj, 3º Antón Varela
Benxamín Feminina: 1º Aloia Murado, 2º Celia Alvariño
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.