70 asociacións pontesas recibirán nos vindeiros días parte das axudas económicas ofrecidas polo Concello

[aspontes.com] As entidades percibirán un 60 % da contía asignada, mentras que o 40% restante se ingresará unha vez xustificados os gastos realizados
O Concello das Pontes repartirá 235.000 euros entre as asociacións culturais, sociais, deportivas e medioambientais do municipio.


Un total sesenta e catro entidades beneficiaranse desta liña de axudas, que se repartiron dacordo coas bases reguladoras que rixen este proceso, e que teñen en conta criterios como as actividades que desenvolven, o número de beneficiarios e mailo de socios.
Denantes de que remate este mes de xuño o goberno municipal fará o pertinente ingreso ás entidades beneficiadas das cantidades correspondentes ao primeiro pago, que supón o 60% do importe total da axuda. O 40% restante entregarase unha vez que as distintas entidades presenten a xustificación de gastos.
Reparto de fondos
Dos colectivos beneficiados, 20 son entidades culturais, outras tantas fomentan a actividade deportiva, catro son entidades sociais, unha é de carácter medioambiental, e , finalmente, 19 colectivos veciñais completan a lista de beneficiarios.

También podría gustarte
Comentarios