Comezaba a mañá coa sensacional vitoria do Alevín A perante o Racing de Ferrol por 4 goles a 1, tres puntos moi importantes para seguir loitando pola Liga, e ante un rival directo. Goles de David Rey, Enrique Fornos, Brais Martínez e Alex Fernández. No segundo partido da mañá perdían os Benxamíns B 1 a 2 perante o Amistade de Meirás, gol de Diego, un equipo benxamín que notou a ausencia dos xemelgos David e Daniel Pajaro. O prebenxamín B, os máis pequenos, apenas puideron facer nada ante un gran Racing de Ferrol de segundo ano e acabaron perdendo por 0 a 9, a pesar das grandes intervencións ás que nos acostuma semana tras semana o porteiro Sergio Cal. Pra rematar a mañá, triunfo do infantil tras gañar ó Ortigueira por 4 a 1, goles de Lucho (2), Galego e Alberto.

Nova cortesía de Xóse Ferreiro