Amigus
As Pontes

Hombres G reuniu a case 3000 persoas en Ferrol

Despois de ler isto no diario de ferrol, so me queda baixa-las orellas e esperar a que me dean unha boa zurra…..
Falabase por aquí de qué concertos se deberían de traer ás festas das Pontes, pois mirade isto, traendo a un grupo que nin grupo se debería chamar, xuntan a 3.000 persoas E COBRANDO.
¿?¿?¿?


A ver, temos un país onde presumimos da cultura que temos, e sobre todo da cultura musical. Cómo é posible que nunha vila coma ferrol vaian 3.000 persoas a ver un concerto desta xente. Isto non ten nin pes nin cabeza.
¿Será que a cultura musical que temos é só duns poucos?
¿Será que os 3000 que acudiron ó concerto non son de por aquí?
¿Será que os ferroláns por facerlle un favor ó concello foron en masa?
¿Será que os ferroláns non son galegos?
Pois mirade, non o sei, estou totalmente desconcertado…
Asdo.: un home abraiado

También podría gustarte
5 Comentarios
  1. morenight dice

    Éche o que hai. A industria e o público, que normalmente se traga todo o que lle venden, están levando á música á ruina.
    Despois de que todo o país se emocionara vendo como unhos xovenes aprendían a cantar e a interpretar, agora o máis demandado son as satíricas cancións do verán dos anuncios da ONCE. ¿Qué será o próximo? ¿unha canción con estribillo “son tonto e non sei pensar… pero me gusta!”? Seguro que un tema así triunfaba.
    No meu camiño para Vigo para presenciar o espectacular concerto de Maceo Parker ía cantando “Tu me das cremita, yo te doy cremita”. Algo terá que ver eso coa música. Non sei. O caso é que a xente quere a melodía no seu movil, aínda que non exista tal melodía, senon un vulgar tatareo que tenta satirizar os estribillos pegadizos do verán. Eche o mesmo, a xente non se da por aludida. Tiremos todos os instrumentos ó lixo, queimemos os conservatorios. ¿Para qué fan falta músicos se podemos enriquecernos con catro palabros que rimen e un par de tetas? uufff. Síntome pesimista. Por certo, Maceo Parker espectacular; Cinco mil personas en Castrelos bailando sen parar durante máis de dous horas e media de Funk. Agora estou máis animado.

  2. morenight dice

    Por certo… se rumorea que a última hora tiveron que regalar moitas entradas… ¿Esto son unhas festas con calidade? Tamén veñen a Coruña creo, xunto a OBK e a Ana Torroja. Espectacular!

  3. somede dice

    3000 persoas… Entre o que hinchou o Concello a cifra (seino de boa tinta, que traballei na Voz de Galicia cubrindo as festas da Coruña e os concellais de cultura multiplican á xente que flipas), e as entradas regaladas (a semana pasada levaban vendidas só 200 e o Concello dicía que había que vender 3000 -curiosamente- para que o concerto fose rendibel).
    Todo isto para demostrar que non se pode ler literalmente as noticias dos mass media, que levan a engano.
    E para actuacións de calidade, o Nabiza Rock e o Festival Folk da Fraga. Xente vivindo á música ó 100%, implicándose e “gosando”.
    LONGA VIDA Ó ROCK & ROLL ( E ó Bó Rollo)

  4. mannel dice

    Pois a min gustoume o concerto de HOMBRES G. Non seran o que eran fai 20 anos, e me igual. Que fas un domingo no mes de agosto en As Pontes, NADA. A XENTE vai os pobos e aldeas dos arredores a divertirse. Ou senon tiraste nunha silla nunha terraza dun bar a beber unhas cervexas. Asi que de vez en cando hai que sair da casa, ainda que solo sexa para que o tempo que nos queda para chegarmos a vellos sexa máis curto.
    Voy a pasarmelo Bien,….

  5. Rosiel dice

    para kuando el nabiza rock 2004?responderme a : rosiel_filth_666@hotmail.com
    muchas gracias ^^

Deja una respuesta