Amigus
As Pontes

Hombres G reuniu a case 3000 persoas en Ferrol

Despois de ler isto no diario de ferrol, so me queda baixa-las orellas e esperar a que me dean unha boa zurra…..
Falabase por aquí de qué concertos se deberían de traer ás festas das Pontes, pois mirade isto, traendo a un grupo que nin grupo se debería chamar, xuntan a 3.000 persoas E COBRANDO.
¿?¿?¿?


A ver, temos un país onde presumimos da cultura que temos, e sobre todo da cultura musical. Cómo é posible que nunha vila coma ferrol vaian 3.000 persoas a ver un concerto desta xente. Isto non ten nin pes nin cabeza.
¿Será que a cultura musical que temos é só duns poucos?
¿Será que os 3000 que acudiron ó concerto non son de por aquí?
¿Será que os ferroláns por facerlle un favor ó concello foron en masa?
¿Será que os ferroláns non son galegos?
Pois mirade, non o sei, estou totalmente desconcertado…
Asdo.: un home abraiado

También podría gustarte
Comentarios