O Concello adxudica os primeiros proxectos que se acometerán a través do Fondo Estatal de Inversión Local
As once obras, nas que se investirán dous millóns de euros, serán acometidas por tres empresas do municipio.
[aspontes.org] O goberno municipal adxudicou hoxe once das obras que se realizarán con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local e que deixou en As Pontes unhas axudas por valor de 2.040.852 euros, coas que se pretende impulsar o emprego na zona.
Segundo anunciaron dende o equipo de goberno, o seu principal desexo é que estes traballos, nos que se investirán finalmente 2.011.652,49 euros, den comezo o antes posible.
Tres empresas locais faranse cargo dos diferentes traballos adxudicados nas últimas horas. Así as cousas, Cuíña S.A. realizará os traballos de aglomerado de varias rúas do casco urbano ( Cabo Pastor, Narón, Presa de Alende
) por 215.751,88 euros; construirá o paseo que unirá a Avenida de Galicia coa central de Ciclo Combinado por un total de 220.096,08 euros; encargarase da reposición de pavimentos e do sistema de abastecemento en varias zonas do casco urbano (Cal da Avelaíña, Canle IV
) adxudicado por 201.573,20 euros e, finalmente, tamén asumirá o asfaltado de varias pistas da zona rural (Turrillón O Busto, Vilariño
) por 45.265,67 euros.
Sanmartín S.A. executará un total de catro proxectos, encabezados polo aglomerado de varias rúas tanto da zona urbana coma do rural (Marraxón, rúa Vicente Risco, rúa Vincallo
) adxudicado por 203.229,06 euros e a mellora do pavimentado da praza da Capela do Carme e da rúa Portorroibo, traballos licitados en 215.974,88.
Esta mesma empresa pontesa farase cargo tamén das obras de mellora do sistema de abastecemento e de pavimentación de varias rúas do municipio por 196.196,55 euros, e de varias actuacións no sistema de abastecemento e saneamento da rede municipal, adxudicados por 160.153,89 euros.
Canosa S.L asumirá os traballos de acondicionamento dos colexios Monte Caxado, A Magdalena e A Fraga, e que contarán cunha inversión de 206.485, 48 euros, e tamén da remodelación estética do colexio Santa María, proxecto adxudicado por 165.511,82 euros. Completan este paquete de obras a instalación dun novo parque infantil e outro biosaudable dirixido á terceira idade, que tamén acometerá Canosa S.L por un total de 181.413,98 euros.
Outros proxectos
Sen abandoar o capítulo de obras, o Concello ven de anunciar o inicio en vindeiras datas dos traballos de aglomerado da explanada de acceso ao encoro da Ribeira, operación que acometerá a empresa Endesa, xa que este espazo está baixo a titularidade da firma eléctrica.
O goberno municipal da así resposta ás demandas realizadas polo Grupo Xuvenil de Piragüismo que solicitou o arranxo deste acceso e que, tralas xestións con Endesa desenvolvidas polo Concello, será realizado pola firma Endesa Hidraulicas.