Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES-RC DEPORTIVO B (3-2)

Heroico triunfo do As Pontes ante o Deportivo B de Valerón e Manuel Pablo xogando con dez e tras un mes sen competir

Heroico triunfo do As Pontes 3-2 ante o Deportivo B de Valerón e Manuel Pablo. Os locais sorprenderon nos primeiros 45 minutos e fóronse cunha bagaxe de 2-0 ao descanso. Anotaron tras un roubo de balón de Mitogo ao central Yuste, que o dianteiro percorre o campo, plántase ante Brea, e báteo por baixo (22´). Ampliaba o tanteador o central Moyá cun gran cabezazo ao centro da portería tras saque de córner (27´). 

Resaltar tamén un tiro cruzado de Iñaki (23´), un disparo por alto de Artai (26´), e un remate ás nubes de Barba en posición franca (24´). Trala continuación as cousas non se lle podían poñer mellor aos locais, e tras un puntapé do lateral Guerrero a Quique dentro da área, anotaba Mitogo o seu dobrete de penalti enganando ao porteiro (53´). Mesmo pouco despois o propio Mitogo e Artai dispuxeron dunha dobre ocasión rexeitada pola zaga visitante (59´). 

Pero o filial deportivista é moito equipo, e tras saque de córner, cabeceaba só no segundo pau Barba recortando distancias (64´). Logo recibía a segunda amarela Mitogo, que vira unha primeira rigorosa a pouco do comezo, quedando os locais con dez (67´). Colmo de males, tras un centro desde banda dereita, no intento de despexe introduce o balón na súa propia portería Pablo Fraga (74´). 

De aí ao final os locais aguantaron como puideron as arremetidas deportivistas, mesmo tiveron a mellor ocasión nun córner ao que non chega entrando só ao segundo pau Berto por centímetros (82´), pero tras un longo desconto os ponteses conservaron un triunfo vital, e Chollas estréase con vitoria tras seis xornadas sen gañar e tres partidos aprazados. 

Desde o 29 de Novembro, hai dous meses e medio, cun 4-0 ao Estudantil, que non gañaban os da vila mineira, que suman o seu décimo triunfo en O Poboado ante o filial deportivista, por nove triunfos visitantes e cinco empates. Os ponteses teñen pouco tempo de celebración pois este mesmo mércores reciben ao Racing Vilalbés, co que perderon 5-1 na Magdalena. 

CD AS PONTES. Bugy, Berto, Dani, Mitogo, Quique (Cristian 66), García, Artai (Pajaro 73´), Borja, Del Río (Fraga 73´), Moya, Iñaki (Óscar 94´).

DEPORTIVO B. Brea, Guerrero, Kanoute (Sarmiento 71´), Sánchez, Mosquera (Yeremay 56´), Adri Castro, Boedo, Barba (Sanmartín 75´), Rodríguez, Yuste (Pescador 56´), Bueno (Cambón 75´). 

Goles: 1-0, Mitogo (22´), 2-0, Moya (27´). 3-0, Mitogo, de penalti (53´), 3-1, Barba (64´), 3-2, Pablo Fraga, en propia meta (74´).

Árbitro: Adrián Estévez Blanco (Ourense). Auxiliado por Rodicio González e Cardoso Rodríguez. Amarelas a Iñaki, Moya, Guerrero, Sánchez, Adri Castro, Barba, Yeremay. Expulsado por doble tarxeta Mitogo (67´).

Incidencias. Campo de O Poboado. Partido a porta pechada, con tempo soleado. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios