Amigus
As Pontes

A festa da Fraga está xa entre as cincuenta mellores de España segundo o ranking que está a elaborar a páxina web ‘siete mejores.es’.

[aspontes.com] Esta lista está a elbaorarse dende princípios de ano coas votacións dos internautas. A Fraga pasou a primeira fase para ser elixida entre as sete mellores festas españolas, e actualmente ocupa o posto 22, entre os 1.248 eventos que entraron xa na lista, logo de ter estado mesmo entre as dez primeiras.


A presentación da candidatura pontesa non obedece a ningunha promoción oficial, senón que foi avalada, como todas, polos propios visitantes da páxina web.
Agora, logo de que a finais da pasada semana se reducise a competición ás primeiras cincuenta clasificadas, a festa do 25 de xullo pasou sobradamente o corte, e mesmo por diante de celebracións coma os Sana fermíns, que están no lugar 36, ou o carnaval de Tenerife, que anda polo 28.
A lista encabézaa a festa do San Juan de Soria, que se celebra cada ano en xuño.
Canto ás galegas, tan só pasaron catro o corte, e a mellor situada é a da dorna, en Ribeira, que está no oitavo posto. Logo xa viría A Fraga, no 22, e séguena as fogueiras herculinas do San Xoán, no 25, e o arde Lucus, no 34.
As votacións pódense facer aínda ata o 26 de setembro, a traverso do enderezo www.las7mejores.es, e ó día seguinte, o 27 daranse a coñecer as 7 mellores festas de españa segudno o criterio dos internautas que están a entrar dende todo o mundo.

También podría gustarte
Comentarios