II PREMIO DE INVESTIGACION FERRO CAAVEIRO
O Patronato do Museo Etnográfico da Capela convoca o II Premio de investigación Ferro Caaveiro en memoria do que foi mestre capelán da arquitectura galega no seculo XVIII.

Bases:
- Os traballos versarán sobre o patrimonio cultural (etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artistico) da Capela e Comarca.
- Estabrécense tres premios: 500, 300 e 200 Euros.
- Os traballos redactaránse en lingua galega.
- Poderáse participar de forma individual ou colectiva.
- Os traballos serán inéditos e non publicados nin premiados noutros concursos.
- A extensión dos mesmos será dun mínimo de 10 folios (mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara) incluidos os documentos gráficos que os ilustren.
- Os traballos (orixinal en papel, e copia en CD en formato PDF ou Word) remitiránse a : Museo Etnográfico da Capela O Pazo s/n 15613-Á Capela, en sobre pechado. No seu interior deberá presentarse outro sobre pequeno pechado no que figurará o nome e apelidos do autor, asi como o seu teléfono e o enderezo.
- O prazo de presentación remata o día 31 de agosto de 2009
- O fallo do xurado, que será inapelable, daráse a coñecer o día 10 de Setembro, e difundiráse a través dos medios de comunicación.
- Os premios poderán quedar desertos de non existiren traballos de calidade a xuizo do xurado.
- Os traballos premiados, asi como aqueles que o xurado considere de interese, serán publicados nun monográfico da revista O Retorno. Asi mesmo poderá propoñerse a presentación dos mesmos (relatorio, charla, ) nas V Xornadas Museisticas onde se entregarán os premios.
- O feito de participar neste Premio presupón a aceptación das presentes bases.