Amigus
As Pontes

Sensores CO2 maker para combatir a pandemia COVID-19

O 12 de febreiro en Amigus Labs, Praza do Hospital 14, As Pontes.

Neste obradoiro abordaremos o proxecto de deseño e creación de aparatos de fabricación propia para medir a concentración de CO2 e medir o nivel de ventilación dun espacio. Con esta medida indirecta podemos determinar o risco de contaxio en caso de compartilo con persoas infectadas: unha ventilación suficiente reduce de forma dramática o risco (menos do 1%).

Traballaremos diversos aspectos, dende unha pequena parte teórica e técnica, ate o uso práctico dos propios sensores empregando Arduino/ESP-8266.

Falaremos tamén do sentido e valor da autofabricación fronte a productos comerciais.

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org. E unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

Máis información en https://www.amiguslabs.org/sensores-co2-maker-para-combatir-a-pandemia-covid-19/

También podría gustarte
Comentarios