SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-VENTORRILLO FS (7-6)

Importante vitoria do Esteo que o deixa moi preto da salvación

Valiosos e sufridos tres puntos os logrados polo Esteo na tarde de hoxe ante un rival directo coma o Ventorrillo, co que xa alonxa o descenso en nove puntos.

No  noveno partido do Esteo en Somozas, máis dous en Fene, marchaba ao descanso con 2-4 o equipo coruñés dos ex ponteses Martín, Matos e Aitor.

Pero na segunda metade o Esteo foi un vendaval, recurtaba distancias Cokito tras aproveitar un balón morto no segundo pau, e logo era Guillán quen aproveitaba un pase do mesmo xogador para establecer o empate.

Logo foi o experimentado Jhony o que facía un golazo pola escadra, e poñía distancia de por medio o cadro pontés tras picar un balón Guillán ante a saída do porteiro, e logo era Alberto o que facía o 7-4 que parecía definitivo.

Pero os coruñéses venderon cara a derrota e a piques estivo de botar de menos o Esteo un poste de Jhony e un longueiro de Jandro neste segundo tempo.

Tras algúns balóns perdidos en defensa o equipo branquizaul recurtaba distancias por medio de Marcos a falta de medio minuto e logo era Martín o que anotaba faltando tan so un segundo, incluindo anteriormente varios paradóns de Failde.

Sen tempo para máis o Esteo queda nunha magnífica quinta praza con 32 puntos antes de visitar no derbi ao Parrulo, que suma 28.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Jhony, Troncho – Alberto, Jandro, Héctor, JFailde.

VENTORRILLO FS. Óscar, Martín, Matos, Hugo, Meirelas – Marcos, Kevin, Brais, Alex, Aitor.

GOLES. 1-0, Troncho (2´), 1-1, Matos (6´), 2-1, Jandro (7´), 2-2, Alex (8´), 2-3, Martín (9´), 2-4, Marcos (18´). 3-4, Cokito (22´), 4-4, Guillán (24´), 5-4, Jhony (30´), 6-4, Guillán (32´), 7-4, Alberto (33´), 7-5, Marcos (39´), 7-6, Martín (40´).

Incidencias. Amarelas a Jhony e Marcos. Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios