O fiscal xeral de California trata de coordenar unha acción de varios estados contra redes P2P

Lendo libertaddigital.com:
“Os fiscais xerais de varios estados de EEUU poderían estar a preparar un ataque legal contra as redes de intercambio de ficheiros entre particulares (P2P) por utilizar prácticas engañosas, segundo publicou Wired. A iniciativa parte do de California, Bill Lockyer, que escribiu ós seus equivalentes de outras partes do país para coordenar unha acción deste tipo. “…


…”Lockyer, fixo circular unha carta a fiscais xerais doutros estados na que califica o programa informático que utilizan estas redes como un ‘producto perigoso’, segundo publica Wired.
De acordo con esta carta, os servicios P2P, como Kazaa ou Morpheus, estarían incurrindo en prácticas de negocio engañosas, posto que non advirten ós usuarios dos virus que anidan no seu software, nin da posibilidade de que os seus usuarios estean infrinxindo as leis de Propiedade Intelectual. Así mesmo, segundo a misiva, as redes tamén deberían notificar ós usuarios de que poderían ser víctimas de roubos de identidade se non configuran os seus ordenadores adecuadamente.
O fiscal xeral argumenta que se os servicios P2P se utilizan para viola-las leis, os seus responsables están obrigados a incluir advertencias nos productos, ou enfrentarse ás consecuencias legais derivadas de non facelo. De momento, as autoridades non se involucraron na loita contra estas redes, na que se enzarzou a industria do entretemento estadounidense para evita-la piratería de música e películas.
Sen embargo, isto podería cambiar se prospera a iniciativa do fiscal xeral de California, que tamén se refier ó material pornográfico. Bill Lockyer, que con esta misiva podería estar buscando o apoio doutros fiscais, advirte que os menores que buscan películas ou música poden toparse accidentalmente co abundante material pornográfico que circula por estas redes.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios