Amigus
As Pontes

Ferramentas indispensables para o navegador

Lendo iblnews.com:
“¿Cla é o software máis importante despois do sistema operativo? Para moitas persoas hoxe en día, ese programa é o navegador de Internet.
Millóns de usuarios pasan a maior parte do tempo do seu traballo coa computadora nun ‘browser’ ou programa navegador. Este software xa non é usado unicamente para navegar na Web: é tamén unha ferramenta indispensable para navegar en redes internas das empresas e intercambiar informacións con institucións comerciais e educacionais en todo o mundo.”…

productIconFirefox.jpg


…”Por iso non é de asombrar que toda unha serie de ferramentas saíran ó paso para facilitar e mellora-lo uso dos programas navegadores. O único problema é atopa-las ferramentas máis útiles e máis comúns. Hoxe pasamos revista a algúns destos programas.
FAVORITOS
As páxinas Web van e veñen, pero os rexistros de favoritos ou ‘bookmarks’ permanecen. Dos centos de favoritos que un acumula ó longo do tempo, moitos representan páxinas Web que xa non existen.
O repasar a man a lista de páxinas Web para constatar cales existen aínda pode tomar tempo. O productor de software Martin Aignesberger atopou unha solución.
A ferramenta AM-Deadlink (aignes.com) de Aignesberger busca na súa lista de favoritos e detecta as ligazóns que xa non existen ou que están duplicados. Se unha ligazón xa non se atopa na Web, pode vostede eliminalo facilmente.
AM-Deadlink non é unha ferramenta de uso diario, pero, cando se precisa, fai un bo traballo. Está dispoñible en inglés e en alemán.
FILTROS PARA NENOS
Todo pai ou nai cunha computadora conectada a Internet coñece o problema: os nenos queren entrar no espacio cibernético, a risco de atoparse alí con material perigoso.
Programas filtro de Internet tales como Cybersitter e McAfee Parental Controls existen xa dende fai algún tempo, e traballan ben.
Pero non é preciso pagar para dar protección ós nenos. Un programa como Parental Filter pode darlles unha protección adecuada ante sitios pornográficos.
Esta ferramenta é o suficientemente flexible como para identificar palabras específicas ás que vostede non desexa que os seus fillos estean expostos nun sitio Web, e, á ampla base de datos incorporada a este programa, vostede pode engadi-la súa propia lista de páxinas a seren bloqueadas da vista dos seus fillos.
FORMULARIOS
Non hai dúbida que unha das tarefas máis tediosas do traballo ante unha computadora é o recheado de formularios online, que esixen escribir unha e outra vez a mesma información.
Hai dúas ferramentas dispoñibles para poñer fin a esta tarefa. A nova barra de ferramentas do buscador Google inclúe un práctico recurso en inglés chamado AutoFill, que permite escribir e garda-la información que soen pedi-los formularios online. Cando se tropece cunha páxina que pida información, simplemente pulse un par de botóns na barra de ferramentas, e o programa farao por vostede.
O mesmo principio se aplica con Al RoboForm de Siber Systems, que circula xa dende fai máis tempo que a barra de Google e ten un par de recursos avanzados que lle poden ser útil.
Estas dúas ferramentas conteñen tamén outros recursos útiles para o cibernavegante, incluíndo unha calculadora ou a posibilidade de almacenar contrasinais e de entrar en sitios Web
seguros.
OUTRAS FERRAMENTAS
Se abre vostede o navegador unha decena de veces ó día, ¿por qué non asignarlle un acceso directo? Para elo, transfira e instale a ferramenta WinKey, que reforza a tecla Windows no teclado, de modo que pode usala xunto con outras para automatiza-la execución de tarefas repetitivas.
Por exemplo, asigne a tecla Windows xunto coa letra ‘I’ (de Internet) para abri-lo navegador en fraccións de segundo.
A tarefa máis pesada cando se cambia de navegador -do Explorador de Internet a Netscape, por exemplo- é converti-la lista de favoritos á do novo navegador. É aquí onde entra a actua-la ferramenta Bookmark Converter. Este pequeno programa apoia tódolos navegadores actualmente en uso, incluíndo Opera e Mozilla, e permite convertir se dificultade as listas de favoritos de un a outro navegador.
Tódalas ferramentas aquí descritas funcionan cos principais navegadores de Internet, e non hai dúbida que lle axudarán a traballar ó tempo de converti-las rutinas en diversión. (Por Jay Dougherty, IBLNEWS-Dpa).”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios