Amigus
As Pontes

Nota de Prensa CIG: ERE no Grupo de Empresas de ACEBRÓN

O Grupo Acebrón de As Pontes vén de asinar un Ere de suspensión temporal (pendente de aprobación pola Autoridade Administrativa), por un máximo de nove meses.
Afecta a 44 traballadores de diferentes empresas do Grupo, e cada un destes traballadores estará no Ere un máximo de seis meses.
As empresas inmersas no Ere son: Mecace, Acesan e Acemetal.
Debemos lembrar que, nos repetidos anuncios do Alcalde de As Pontes sobre creación de emprego, está Acecal (tamén do Grupo Acebrón), que segundo a Alcaldía ía crear 30 postos de traballo; mais unha vez, ao Alcalde pérdelle o desaforado interese por facer anuncios sen contrastar a realidade das empresas da localidade.
As Pontes, 9 de marzo de 2010

También podría gustarte
Comentarios