Amigus
As Pontes

Gema Buitrón e a selección española consiguen unha heroica clasificación para a final do Campionato de Europa

Nos Campionatos de Europa que se están a celebrar na cidade italiana de Rovereto a selección española de Buitrón, Foulón e Fernández clasificouse para a final a disputar mañá sábado tras vencer sucesivamente a Bielorrusia (216-203), Polonia (209-205), e Francia 212-212 (27-26). España, 8º nas roldas claificatroias con 1830 puntos, enfrontarase na final ó potente equipo ruso (Stepanova, Perova, Erdinyeva) que eliminou as anfitrionas nas semifinais por 213-211. O equipo femenino garantiza a unica medalla do cadro español neste Europeo e con moito mérito si se ten en conta que a habitual compañeira de Gema e Magali, Beatriz Cabrero este ano non pode competir por lesión e no seu lugar está a junior Helena Fernández. Por non falar de que polo camiño deixaron na cuneta a auténticas maestras como a polaca Justyna Mospinek ou a francesa Berengere Schuh.


Anterioremente nas probas individuiais, Gema quedou 22º nas calificatorias con 615 puntos, por 624 de Foulón (16º) e 591 de Fernández (36º). Xa na rolda final Gema venceu a representante de Georgia Esebua por 4 a 2 caendo en dezaseisavos contra a semifinalista Elif Begunhan Unsal de Turquía por 4-3. Foulón pola súa banda venceu a eslovaca Harcarikova (4-0) e á irlandesa Reidy (4-0), caendo coa polaca Mospinek (0-4). Fernández caeu ante a estonia Preimann 4-0 na primeira rolda.
Foulón finalizou 16º, Gema 17º e Fernández 45º na clasificación final, polo ouro loitarán Stepanova e Erdinyeva, o que reflecte o nivel das rivais das españolas na final por equipos, e polo bronce Unsal e Mospinek.
Na competición por equipos mixtos Foulón e Daniel Morillo accederon coa 7º mellor nota (1270 puntos), caendo en oitavos contra Holanda (140-138), concluindo na 10º posición final.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios