LIGA PONTESA DE VETERANOS 2022-23

Comprímese a loita polo título entre os catro aspirantes

Tres xornadas faltan para o remate da Liga pontesa de Veteranos e ata catro equipos poden gañar o título.

Mal de alturas para La Galaxia, que tiña o campionato no peto, pero dous traspés, ante Bar Encanto a semana pasada (3-4), e hoxe ante MMYPEM (1-1) complícanlle un título que sigue estando nas súas mans.

Tamén pode dicir o mesmo A Cepa que terá que xogar contra Estanco Mari Carmen e La Galaxia e fará de xuíz da Liga.

As súas posibilidades tamén teñen o propio Estanco si tropeza La Galaxia, e o Muebles Eume, que sempre está ahí.

O dito, La Galaxia apenas puido arañar un empate, e os outros aspirantes que non fallaron, A Cepa goleou 6-1 a Electricidad J&O, Estanco Mari Carmen 5-2 ante Bar Encanto, e Muebles Eume 4-0 ante As Pontes 74.

Así as cousas, La Galaxia Venus suma 31 puntos por 30 de Estanco Mari Carmen 30. Tamén ten 30, e un partido menos, A Cepa, e ao acecho, con 27, Muebles Eume, tamén cun encontro por xogar.

Zona media para Bar Encanto Lecar-712 con 19, MMYPEM 16, e Jeycar 13. Pechan con tres puntos Electricidad J&O, e As Pontes 74 con cero. Pichichi segue sendo Iván Ferreiro con 19 goles.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios