PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1

Remontada no partido deste domingo á tarde no Poboado

Gran triunfo do As Pontes nesta tarde soleada e fría no Campo de O Poboado ante un Montañeros que se adiantaba mediada a primeira metade tras aproveitar Real na área pequena un balón que deixaba pasar o ex internacional sub17 Alex Pérez para mandalo ao fondo da rede (27´).

Incluso os herculinos deron sensación de poder chegar ao descanso con algún gol máis, pero foi nun fulgurante inicio do segundo tempo, e con Tijan de protagonista, que o dez pontés partindo dende o borde da área regateou a todo canto defensa lle saiu ao paso para acabar marcando axustado ao pau ante a saída do gardamallas visitante (48´).

Logo foi Alberto Leira que ampliou a ventaxa pouco despois cun forte disparo de falta que lle pasou por riba das mans a Moreno (52´), e outra vez era Tijan quen aproveitaba unha incorporación de Criado para libre de marca anotar de potente tiro cruzado liquidando o encontro a pesar dos minutos que quedaban por diante (55´).

Tres vitais puntos para o cadro de Mariño, sumados aos da semana pasada en Fisterra (0-1) que fai sumar 27 na sétima posición para seguir escalando postos para alonxar os catro últimos e os posibles arrastres. Próxima visita ao San Tirso, noveno con 33.

Xogaron Valentín, Criado, Esteban, Franco (Fernández 87´), Montes, Traba, Rogerio (Jaime 76´), Alberto (Jandro 70´), Jerome (Martínez 45´), Tijan, Brais (Luis 78´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios