Novo museo en As Pontes
Este sábado día 17 de abril, ás 16:00 horas terá lugar a inauguración do Museo Fotográfico do Deveso, na recentemente restaurada Escola Unitaria da parroquia.
A elaboración deste Museo foi un traballo conxunto da Asociación Acivros das Pontes e A Asociación de Veciños A Asunción do Deveso, contando co patrocinio do Concello das Pontes.

Esta é unha actividade comprendida dentro do Programa A nosa historia coa que se pretende conserva-la memoria histórica e o patrimonio artístico e cultural do noso municipio.
Esta exposición está composta por uns 38 cadros con temáticas como Os anos mozos, As festas, A emigración, A infancia, A nosa xente, As procesións, O agro, As parellas, A escola,
Temáticas todas elas que nos achegan ó sentir e ser dun pobo.
Esta será a segunda Exposición Fotográfica Permanente inaugurada por Acivros, xa que o 23 de xuño do ano pasado abriu as súas portas A Exposición do Freixo, coa colaboración da Asociación de Veciños desta parroquia e tamén co patrocinio do Concello das Pontes.
Nova ofrecida por xentileza da Asociacion Acivros