Novo museo en As Pontes

Este sábado día 17 de abril, ás 16:00 horas terá lugar a inauguración do Museo Fotográfico do Deveso, na recentemente restaurada Escola Unitaria da parroquia.
A elaboración deste Museo foi un traballo conxunto da Asociación “Acivros” das Pontes e A Asociación de Veciños “A Asunción” do Deveso, contando co patrocinio do Concello das Pontes.

acivros.jpg


Esta é unha actividade comprendida dentro do Programa “A nosa historia” coa que se pretende conserva-la memoria histórica e o patrimonio artístico e cultural do noso municipio.
Esta exposición está composta por uns 38 cadros con temáticas como “Os anos mozos”, “As festas”, “A emigración”, “A infancia”, “A nosa xente”, “As procesións”, “O agro”, “As parellas”, “A escola”,… Temáticas todas elas que nos achegan ó sentir e ser dun pobo.
Esta será a segunda Exposición Fotográfica Permanente inaugurada por Acivros, xa que o 23 de xuño do ano pasado abriu as súas portas A Exposición do Freixo, coa colaboración da Asociación de Veciños desta parroquia e tamén co patrocinio do Concello das Pontes.
Nova ofrecida por xentileza da Asociacion Acivros

También podría gustarte
Comentarios