Nokia presenta a segunda xeración da consola N-Gage,

Lendo libertaddigital.com:
“O fabricante finlandés de teléfonos móbiles Nokia anunciou este mércores o lanzamento da súa nova xeración de consolas de xogos portátil, tra-lo relativo fracaso da primeira versión. A N-Gage QD será cerca dun cincuenta por cento máis barata que a anterior versión, posto que o prezo foi un dos motivos polos que este aparato non tivo o éxito previsto pola compañía.”…

ngage.jpg


…”As novas consolas presentan un novo deseño con mellores controis de xogo e contan con baterías de maior duración, unha pantalla máis brilante e un novo software para acceder á plataforma N-Gage Arena, que permite xogar contra opoñentes de calquera parte do mundo a traveso da rede de telefonía móbil.
O prezo da nova consola será duns 100 euros/100 dólares máis IVE, ó redor dun 50 por cento máis barata que a primeira versión, e será posta á venda en maio en Europa, África e Asia, mentras que chegará ó mercado americano en xuño. O lanzamento da primeira consola N-Gage fai 6 meses foi un intento de Nokia por revoluciona-lo mercado dos videoxogos, pero non foi tan exitoso como esperaba a compañía finlandesa debido sobre todo ó seu alto prezo.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios