Amigus
As Pontes

Os presupostos das Pontes para este ano aproxímanse ós 12 millóns de euros

Lendo diariodeferrol.com:
“O grupo de goberno das Pontes presenta esta tarde, ás 18.30, os presupostos para este ano, no transcurso dun pleno de carácter extraordinario. O retraso no debate político das contas municipais viña sendo xustificada coa demora nas negociacións laborais entre Concello e persoal laboral e funcionarios. Anque tamén se sumou á hora desta tardanza a modificación de varias ordenanzas municipais, que van supo-la suba de diversas taxas.”…


…”Os novos presupostos ascenderán a 11.944.795,13 euros, anque se prevé un gasto de 10.564.402,37, co obxecto de mante-la liña de contención de gasto cara a sanea-la economía municipal, unha das arelas do actual equipo de goberno. Xa no pasado exercicio, que tamén estará presente no debate plenario desta tarde, se pechaba cun superavit de 310.000 euros. No segundo punto da orde do día abordarase a conta de liquidación do presuposto do 2003, inmediatamente antes de entrar a discuti-la nova contabilidade. O ano pasado os presupostos cifráronse en 12 millóns de euros, pero os ingresos finais reducíronse a 10 millóns, polo que o aforro foi menor do que se pretendía. Cabe sinalar tamén que no pleno de hoxe vaise expoñe-lo interese de participar no programa de teleasistencia e, ademais, os concelleiros terán que decidi-la bonificación no ICIO para un taller.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios