Nota de prensa CIG: Información sobre a Reunión da Comisión de Seguimento do Decreto do Carbón

Por medio do compañeiro da CIG e Presidente do Comité de Empresa de Meirama, na reunión do pasado 29 de outubro, realizáronse preguntas concretas e concisas á Dirección de Endesa (tamén presente nesta Reunión) e ao Ministerio de Industria (convocante da reunión); e as respostas que tivemos son as seguintes:
Preguntas a Endesa.-
P – Qué previsión de funcionamento ten Endesa-As Pontes, logo da aplicación do Real Decreto 1221/2010?
Resposta de Endesa – Nula ou reducida.
P – Cántos barcos tiña previsto Endesa que chegasen ao Porto de Ferrol até final de ano, antes da aprobación deste Real Decreto?, ten previsto máis barcos?
R – Hai previstos dous barcos, un a principios de novembro e outro a finais de decembro, en total son 250.000 Tn; a partir de aí non temos previsión, dependerá só do funcionamento da Central.


P – Creará Endesa un stock de 500.000 Tn de carbón, como nalgún momento se anunciou na prensa?
R – Non.
P – Vai contratar Endesa o transporte de carbón a Compostilla aos camioneiros de As Pontes?
R – Non, vaino seguir facendo en ferrocarril.
P – Comprométese Endesa que a aplicación do Real Decreto non vai ter consecuencia sobre os postos de traballo?
R – Agora mesmo non hai ningunha decisión tomada, mais non pode garantir nada.
Preguntas ao Ministerio.- Respondeu o Secretario de Estado da Enerxía
P – Está en disposición o Ministerio de Industria de modificar o Real Decreto 1221/2010, para evitar o impacto negativo nas centrais eléctricas galegas?
R – Non
P – Vai modificar o Ministerio a composición desta Comisión de Seguimento para dar cabida ás Organizacións Sindicais máis representativas e ao Goberno Galego?
R – Non
P – Porqué o Real Decreto utiliza o criterio de emisións de CO2 para excluír as centrais de carbón importado e gas que deixarán o oco de produción ao carbón español?
R – Foi unha decisión política.

También podría gustarte
Comentarios