Amigus
As Pontes

TERCEIRA REXIONAL: CD AS PONTES 4 UD CEBARCA 1

Victoria do segundo equipo pontés no partido disputado na tarde chuviosa de hoxe no Campo do Poboado.
A pesar do abultado e engañoso do marcador mal comezaban as cousas para os locais pois necesitaban imperiosamente a victoria e adiantaronse os visitantes de penalti ós cinco minutos.
A partir de ahí os locais intentarono de todalas maneiras, Borja tivo tres, unha puido ser penalti, Pedro dúas, Junior, Criado, pero o balón non quería entrar ata que a 5 minutos do descanso o gran Pedro conseguiu o empate.
No comezo do segundo tempo tivo máis dominio o equipo de Cerdido. Pero foi no 70´ cando o traballador Junior recolle un magnífico pase de Pedro e coa punteira mete o 2-1. Dous minutos despois, tras un centro de Criado, Pedro cabecea de forma espectacular e o xogador aresano sentenciaba un encontro ó que se encargaría de dar a puntilla Púas no desconto tras marcar a pracer un pase da morte de Borja.
Tres valiosos puntos para os azuis ós que lles quedan tres finais de aquí ó remate de Liga en tres encontros dificilísimos nos que necesitan gañar para non depender de ninguén. A semana que ven visita ó Moeche, á seguinte ó San Mateo para rematar a Liga recibindo ó líder Caranza, o lado bo é que os ferroláns xa están ascendidos coa victoria de hoxe, suman 59 puntos por 53 do Miño, 51 do As Pontes e 49 do infatigable Estrella de Narón.
Calpita xogou con Juan, Hugo (Fernando 45´), Mourín (Iván 66´), Carlos, Moya, Fran, Junior, Púas, Borja, Adrián Criado e Pedro (Danilo 86´).
cebarca_01.jpg


cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
cebarca_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios