Amigus
As Pontes

O Concello de As Pontes ofertará locais de ensaio aos grupos musicais do municipio no Hexágono da Fraga

O proxecto de redistribución deste espazo tamén incluirá locais dirixidos á realización das actividades de varias entidades asociativas pontesas
[RtvEume] O Concello de As Pontes porá a desposición dos grupos musicais do municipo tres novos espazos para realizar ensaios e gravacións propias. A iniciativa, incluída no proxecto de remodelación e redistribución do Hexágono da Fraga, foi examinada hoxe pola edil de Participación Cidadá, Montserrat García, e o concelleiro de Promoción Industrial, Óscar García, que mantiveron un encontro cun dos arquitectos responsables do proxecto.
DSC_0080.jpg


Deste xeito, segundo explicaron dende o goberno municipal, atenderase unha das demandas máis significativas dos colectivos musicais ponteses que non contaban, ata o de agora, cun espazo axeitado e dotado no que realizar as súas maquetas ou no que ensaiar periodicamente.
Así, a zona habilitada contará cun total de tres salas de ensaio de 30 e 20 metros cadrados, dúas delas dotadas tamén para a gravación de audio; unha sala de control de gravación, un almacén no que os músicos poderán deixar o material ou instrumentos máis pesados e un recibidor.
Este proxecto non quedará aí xa que o Hexágono tamén incluirá diversas aulas e oficinas que serán destinadas ás actividades desenvolvidas por varias das entidades pontesas. De aí que o colectivo de anpas Abrente poderá dispoñer nestas dependencias dun local propio no que realizar cursos para os escolares, xuntanzas e actividades múltiples.
O mesmo acontecerá coas asociacións Amigos da Madeira e Artesáns do Eume, que disporán de sendas aulas e oficinas nas que impartir os seus obradoiros e exposicións rutinarias, ao que se sumarán tamén outros colectivos ponteses que contarán cun local no que realizar as súas actividades cotiás.
No tocante ao inicio das obras de redistribución, dende o executivo local subliñaron que xa se prodeceu ao derrubamento dos tabiques interiores e que, mediante os traballos do alumnado da Escola Taller Fontelimpa II, nestes días, xa se están a acometer as primeiras obras de acondicionamento interior deste espazo.

También podría gustarte
Comentarios