Amigus
As Pontes

COPA DE GALICIA. O ESTEO FS 1 – GRUPO FORMAT VILALBA FS 5.

Vitoria visitante e clasificación para cuartos de final no derbi deste martes no Pavillón Municipal

Partido de moitos quilates o que se puido ver este martes no pavillón municipal, na rolda de oitavos de final que disputaron ponteses e vilalbeses con claro triunfo visitante por 1-5.

O encontro resolveuse na primeira metade, cun gran equipo visitante, liderado por Adrián Martínez Vara “Adri”, que cumplirá 38 anos este xoves pero aínda está para xogar no Mundial de Uzbekistán, e acompañando ao Mago de Caranza, xente experimentada en Segunda División como Isma Vázquez ou Kevin Chis.

O partido xa quedou resolto nos primeiros vinte minutos cos goles de Kevin (2), Adri, Antón e Simo, co tanto da honra de Cokito para os locais, sobrando o segundo período.

O ESTEO FS. David, Cokito, Lukas, Costi, Juan – Xeito, Diego, Asier, Naveira, Troncho.

GRUPO FORMAT VILALBA FS. Tini, Táboas, Adri, Isma, Kevin – Antón, Dani, Simo, Fari, Alonso, Quintela, Carlos, César.

GOLES. 0-1, Adri (2´), 0-2, Antón (15´), 0-3, Simo (18´), 0-4, Kevin (19´), 1-4, Cokito (20´), 1-5, Kevin (20´).

Incidencias. Amarelas a Asier, Troncho, Adri. Expulsado Naveira (34´). Preto de 300 espectadores no Pavillón Municipal.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.