Amigus
As Pontes

IRMANDADE AS PONTES-LESNEVEN-CARMARTHEN: CURSOS DE FRANCÉS E INGLÉS

Escudo-Irmandade.jpgA Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen convoca unha nova edición dos cursos de francés e inglés nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a adultos e escolares.
As clases de lingua francesa, que tiveron o seu inicio no ano 1992, serán os luns e mércores (de 20,00 a 21,30) e as de inglés, os martes e xoves, tamén no mesmo horario. As clases serán impartidas no edificio de cultura “Casa Dopeso”. Requírese un mínimo de seis alumnos por clase.
O inicio dos cursos está previsto para o 1 de outubro. Para inscrición e máis información os interesados poden facelo ó correo-e irponlescar@hotmail.com ou chamar ó teléfono 662.393.596 antes do 30 de setembro.
A Irmandade pontesa tamén está a traballar no próximo intercambio coa cidade de Lesneven, que será en As Pontes o vindeiro ano. Sinalar que dende 1991 lévanse realizado trinta encontros de cidadáns europeos, máis os intercambios escolares cunha participación de máis de 1.500 persoas.

También podría gustarte
Comentarios