Microsoft Windows XP, dispoñíbel en galego

Windows XP está xa dispoñíbel en galego. Grazas a un acordo asinado en xullo de 2003 coa Xunta, Microsoft desenvolveu o LIP (Language Interface Pack) preciso para o seu sistema operativo; ademáis, a compañía lanzará logo do verán unha tradución para Office 2003. (Si no entiende la noticia, puede leerla también en castellano)


A partires do venres, os usuarios que posúan unha licenza legal de Windows XP poderán descarregar de balde desde os sitios ‘web’ da Xunta e mais de Microsoft o ‘software’ que traduce o sistema ao galego.
Ao acto de presentación, celebrado en Compostela, asistiron o presidente da Xunta Manuel Fraga, e maila conselleira delegada de Microsoft Ibérica, Rosa García.
Fraga salientou que ningún idioma pode ficar alleo ás posibilidades de comunicación que os tempos ofrecen a cada intre. “A nosa lingua milenaria poderá continuar a se-lo veículo de expresión da nosa historia e tamén do noso porvir”, asegurou.
Pola súa banda, Rosa García sinalou que “a posibilidade de utilizaren Windows en galego facilitará o acceso ás Tecnoloxías da Información de moitos galegofalantes, impulsará o desenvolvemento da industria informática local e abrirá unha chea de oportunidades ás empresas vencelladas coa industria do ‘software’ en Galicia”.
Para o desenvolvemento do LIP en galego Microsoft contou coa colaboración da Real Academia Galega, quen supervisou o traballo de tradución e axeitamento do programa.
elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios