19.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (XIV)
ENFERMIDADES DA BOCA: 41-ESTOMATITES E CHAGAS DA BOCA; 42-HALITOSES E MAL SABOR; 43-DEGRESAS DOS LABIOS; 44-DORES DE MOAS E ERUPCIÓN DENTARIA; 45-OS DENTES e 46-XENXIVITES E PARODONTOSIS.
41-ESTOMATITES E CHAGAS DA BOCA.
A estomatites é a inflamación da mucosa que recobre toda a cavidade bucal. Pode deberse a varias causas e é preciso determinalas previamente por un médico estomatólogo. Nembargantes, a aplicación de plantas con efectos astrinxentes (que secan as mucosas), antisépticas e antiinflamatorias, poden contribuír eficazmente a súa curación.
As chagas bucais son unhas pequenas úlceras que cursan con dor acentuado, e tamén poden ser debidas a causas diversas, dende unha carencia de vitaminas del complexo B, algunha enfermidade de orixe vírico, ou simplemente unha alerxia a algún alimento. Estas chagas soen curar por si mesmas, despois dun tempo, xeralmente uns poucos días, no obstante, dadas as dolorosas molestias que ocasionan, pódese acelerar a súa curación utilizando plantas con efectos astrinxentes, cicatrizantes e antisépticas. Todas estas plantas soen aplicarse a xeito de gargarismos ou enxugues bucais. Astrinxentes, antiinflamatorias e cicatrizantes:
Agrimonia, Aliso, Arraián, Bistorta, Cariofilada, Cincoenrama, Consolda maior, Framboesa, Fresa, Herba de San Roberto, Correola, Nogueira, Regalicia, Carballo, Rosal, Serpol, Bieiteiro, Tomiño, Tormentiña, Violeta, Silva.
42-HALITOSES E MAL SABOR: A halitose é un mal alento cuxa orixe non se atopa na cavidade bucal. O mal sabor de boca tamén pode asociarse coa halitoses ou ter outras causas. Polo xeral, soen ser consecuencia dalgunha disfunción da vesícula biliar, ou tamén por efecto de fermentacións intestinais. Para estes casos recorrese a plantas colagogas (que facilitan a evacuación biliar), carminativas (que eliminan ou reducen os gases intestinais), depurativas (que eliminan a toxicidade que producen as fermentacións ou putrefaccións intestinais, e dixestivas (que facilitan a dixestión dos alimentos).
-Anxélica: dixestivo, carminativo, elimina as fermentacións intestinais.
-Boldo: dixestivo, colagogo, facilita o vaciamento da vesícula.
-Fumaria: depurativo, combate a intoxicación producida polas putrefaccións intestinais.
-Milfollas: dixestivo, reduce as fermentacións intestinais.
43-DEGRESAS DOS LABIOS: As degresas do labios cursan con dor e soen estar causadas polo frío ou a sequidade. Nembargantes as chagas que se producen na comisura do labio (as chamadas boqueiras), están xeralmente asociadas a falla de determinados minerais, coma o ferro. Para estes casos pódese acelera-la curación recorrendo a plantas emolientes (que son suavizantes) e cicatrizantes. Aplícanse, normalmente, mediante compresas ou cataplasmas.
-Alholva: Antiinflamatorio, cicatrizante.
-Cacao: Emoliente moi eficaz, cicatrizante.
-Cinoglosa: Emoliente, cicatrizante.
-Parietaria: Emoliente, antiinflamatorio.
44-DORES DE MOAS E ERUPCIÓN DENTARIA: Unha vez determinadas por un médico as causas que producen a dor de moas, pódense utilizar plantas medicinais de efecto analxésico local para mitigar a dor. En comparación cos efectos indesexables que producen os analxésicos de sínteses para administración interna, as plantas aportan beneficios incontestables; a acción soe ser mais suave que aqueles, pero en troques ofrecen unha resposta mais duradeira e segura. Pola súa parte, a erupción dentaria nos nenos e lactantes cursan cunha pequena inflamación e dor. Para este caso pódense utilizar algunhas plantas calmantes da dor, e que abranden os tecidos para facilita-la saída dos dentes.
-Adormecida: Analxésico estupefaciente.
-Azafrán: Calmante, alivia a dor da dentición nos nenos.
-Cariofilada: Calmante, antiinflamatorio da mucosa bucal, antiséptico.
-Claveiro: Analxésico, antiséptico.
-Eufrasia: Analxésico suave das mucosas, cicatrizante.
-Papoula: Analxésico, sedante.
-Malvavisco: Abranda as enxivas e facilita a dentición nos nenos.
45-OS DENTES: (piorrea, enxivas sangrantes, caries)
Síntomas: Escorzo e irritación, así como saída de pus polas enxivas.
Causas: Falla de hixiene bucal. Mala circulación dos vasos sanguíneos nas enxivas.
Fitoterapia: Bieiteiro: (cocedura da carapela). Cola de cabalo: (enxugues coa infusión da planta seca). Malva: (Enxugues coa decocción, durante 10 minutos dunha culleradiña de flores, por cunca de auga). Menta: (enxugues coa infusión de follas secas). Albacora: (Enxuges coa deccoción de follas secas).
Causas: Debilidade de las enxivas. Enxivas sangrantes. enxivas que sangran despois de comer.
Fitoterapia: Tomiño, serpol (enxugues coa infusión de toda a planta). Silva: (enxugues coa cocedura das follas secas). Llantén: (enxugues co zume das follas frescas). Lentisco: (mastigue mordido). Sarxa: (enxugues coa infusión de follas secas).
Síntomas: Caries. Destrucción dos dentes. Dor nos dentes, ennegrecemento do esmalte dentario, destrucción completa do dente.
Causas: Alimentación pouco axeitada cunha inxesta pobre de alimentos vexetais e demasiados alimentos animais. Abuso de alimentos ricos en azucre. Falla de hixiene bucal.
Fitoterapia: Non hai ningunha solución fitoterapéutica unha vez se ten comezado o proceso de destrucción dental. A solución definitiva atoparémola no odontólogo. Agora ben, pódese recorrer á fitoterapia para aliviar a dor desta enfermidade sen ter que recorrer a calmantes químicos: hipérico, tomiño, uz: (enxugues coa infusión das flores). Beleño ¡¡¡ velenoso!!! (enxugues coa infusión das follas secas. Remedio utilizado tradicionalmente, pero desaconsellado por ser perigoso).
46-XENXIVITES E PARODONTOSIS: Tanto a xenxivites como a parodontosis, son afeccións que poden cursar por si solas, ou relacionarse entre si (unha pode ser causa da outra). Estas afeccións requiren sempre dun tratamento odontolóxico, no obstante, pódense utilizar plantas medicinais de forma complementaria para a hixiene bucal, mediante plantas astrinxentes, antisépticas, antiinflamatorias e cicatrizantes, entre outras:
-Álamo negro: Branquea os dentes, absorbente, elimina o sarro e limpa as enxivas.
-Bistorta: Astrinxente, antiiflamatorio, fortalece as enxivas débiles e sangrantes.
-Cariofilada: Antiséptico, analxésico bucal.
-Cincoenrama: Astrinxente, antiséptico, cicatrizante.
-Haia: Absorbente, limpa as enxivas.
-Lentisco: Antiséptico, anteinflamatorio, da bo cheiro.
-Carballo: Astrinxente, anteinflamatorio, limpa as enxivas.