Nove persoas foron as agasalladas no último sorteo da campaña Merca nas Pontes o pasado 4 de xaneiro no que se repartiron un premio de mil euros e oito premios de cen euros. O listado de gañadores pode consultarse na www.mercanaspontes.com. Estes afortunados/as recibirán os premios en forma de vales de compra para gastar durante os vindeiros días nos establecementos participantes da campaña.
Ese mesmo día tivo lugar a gala solidaria na que actuaron as escolas de baile da localidade e fíxose entrega tamén ao concelleiro de servizos sociais do donativo de trescentos euros que a Asociación de Empresarios e Comerciantes fai ao banco local de alimentos.
Ao final, un total de dezaoito persoas foron as premiadas durante toda a campaña que comezou o dez decembro e que rematou o pasado venres co sorteo final, repartíndose uns setenta mil boletos e máis de dous mil cincocentos euros en premios.
A entidade organizadora quere agradecer aos establecementos participantes o seu esforzo para participar nesta campaña e a fidelidade dos clientes nos nosos comercios. Asemade, agradecemento tamén para as organizacións que colaboraron na mesma.
Novas
- O Dragon boat de Folixa na TVG
- Copa de España Dragon Boat Nautico Folixa
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE XOVENES PROMESAS.
- Curso de micro:bit
- ALBA ABRIL E MARÍA LEFLER DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES, CAMPEONAS DE ESPAÑA FEMENINAS
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K-1 NA CATEGORÍA INFANTIL.
- Novo récord Galego de Gonzalo Iglesias Gómez
- LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO DE PIRAGÜISMO
- NOTA PRENSA CR FENDETESTAS
- XVII campionato Xunta de Galicia de atletismo sub10 en pista curta e XIX campionato Xunta de Galicia de atletismo sub12 en pista curta
También podría gustarte
Comentarios