Amigus
As Pontes

Investigadores de Hong Kong crean unha tela que se limpa soa

Lendo iblnews.com:
“Unha camisa que se limpa soa podería converterse pronto en realidade: investigadores en Hong Kong cubriron unha tela de algodón con minúsculas partículas de óxido de titanio que destrúen a suciedade coa axuda da luz do sol, informou a revista británica ‘Nature’ no seu portal de Internet.”…


…”As partículas son 2.500 veces máis pequenas que o espesor dun cabelo.
Segundo os investigadores Walid Daoud e John Xin, da Universidade Técnica de Hong Kong, as partículas poderían ataca-la suciedade, sustancias contaminantes do aire e tamén perigosas bacterias.
En presencia de luz ultravioleta, o óxido de titanio ataca unha amplia gama de carburos, explicou Bob Skelton, da Universidade de Cambridge. A clave do éxito atópase segundo ‘Nature’ nunha estructura especial de cristais.
As propiedades do óxido de titanio acadan desenvolverse recén nos chamados cristais de anatasa. A estructura da anatasa é difícil de reproducir en partículas tan pequenas, segundo ‘Nature’.
Cando a luz alcanza as partículas de óxido de titanio, libéranse electróns que reaccionan con oxíxeno. Estos radicais de oxíxeno poden dividi-la suciedade en partes máis pequenas. O catalizador non se consume nesta acción. Sen embargo, o informe non aclara ata qué punto son atacadas tamén a tela de algodón ou a pel humán.
O proceso de confección da tela de algodón especial atópase publicado no ‘Journal of the American Ceramic Society’ (t.87, páx. 953).”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios