Amigus
As Pontes

Nota de prensa BNG: O PSOE CONTRATA A UNHA EMPRESA PARA CUBRIR UNHA BAIXA POR CASE QUE O DOBRE DO SALARIO DO TRABALLADOR SUBSTITUÍDO

No pleno ordinario, o goberno municipal rexeitou a proposta do BNG das listas de espera e bolsas de emprego.
As Pontes, 11 de xullo de 2013.- Dende o inicio do novo mandato do PSOE, O BNG ven insistindo na necesidade de actuación por parte do Concello a respecto da situación do desemprego (1009 persoas en xuño), sobre de todo a considerar a dispoñibilidade de recursos económicos da que fai ostentación o Alcalde (4,5M€ sobrantes de 2012).
No último pleno ordinario, o BNG facía, entre outras, a proposta de ampliar a todos os servizos municipais a lista de espera para cobertura de necesidades transitorias (vacacións , baixas médicas, excedencias, etc….) mediante contratación temporal, proposta rexeitada polo PSOE.


Pola contra, na mesma sesión, o goberno municipal daba conta da contratación dunha empresa para substituír a un conserxe dun pavillón, durante os meses de abril, maio e xuño, por un importe mensual de 1.687,95€ cando o traballador de baixa médica percibe 980,81€.
O procedemento non é novo, casual ou accidental: o PSOE realizou un despido improcedente dun monitor cun custe de 1.120€ mensuais e contratou a unha empresa por 2.045€, empresa que tamén foi contratada para substituír a un profesor de violín.
É dicir, o Goberno do PSOE prefire a contratación sen concurso dunha determinada empresa á creación directa de emprego local a través dunha bolsa de traballo do propio Concello.
Para o BNG, o mecanismo utilizado polo Alcalde favorece, cando menos, o clientelismo e o caciquismo e fuxe do control público dunha bolsa de emprego.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios