Amigus
As Pontes

VII XUNTANZA DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE VILAVELLA E O SAN RAMÓN NO PARAÑO

Cunha semana de retraso á súa data habitual, o derradeiro sábado de agosto tivo lugar a carón da igrexa da Vilavella unha nova edición da xornada de confraternidade de veciños desta antano populosa parroquia pontesa. Día ó que se achegaron preto de duascentas persoas. Cumprindo a tradición, a misa foi na honra do seu patrón Santo André, xa que antigamente esta parroquia era coñecida como Santo André do Bosque e hoxe como Santa María de Vilavella. O grupo tradicional Canavella, o Dúo Suso e Calima amenizaron coa súa música esta sétima xuntanza dos veciños dunha das parroquias máis antigas do concello de As Pontes, de aí o seu nome de Vilavella “vila antiga”. Neste ano tamén houbo unha exposición de maquinaria agrícola.
vilavella


BREVE HISTORIA DE VILAVELLA
A parroquia da Vilavella, duns 31 km2 e actualmente con 184 habitantes (93 en Saa, 29 en Vila e 18 en Maciñeira), foi unha das freguesías que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina de carbón, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, A Cartilida, O Casal da Boa, A Casa Longa, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e a maior parte da propia aldea de Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen ningún uso
Na Vilavella atopáronse vestixios dos primeiros asentamentos humanos, como un vaso campaniforme (6000 e 2800 a.C.) e un torques de ouro. Tamén existen mámoas, moitas delas desaparecidas, así como un castro con tres muros paralelos de protección que estaba no lugar do Castro da Uz.
A igrexa parroquial é do século XV, sendo a súa fachada do XVIII. No seu interior conserva un retablo (s. XVIII) e unhas imaxes talladas entre os séculos XV e XVII.
Segundo o dicionario Madoz, en 1845 a parroquia da Vilavella contaba con 127 veciños e 630 habitantes, que gozaban dun clima benigno e saudable, repartidos nos lugares de Acebido, Maciñeira, Meidelo, Monte, Mouros, Sá e Vilabella. A súa igrexa parroquial estaba servida por un cura de entrada e padroado real e eclesiástico.
As súas festas celebrábanse de moi antigo a finais de agosto na honra a Santo André, pois antigamente esta parroquia era coñecida como Santo André do Bosque.
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
vilavella
O SAN RAMÓN DO PARAÑO
No barrio do Paraño, situado preto da vila de As Pontes, os veciños celebraron o San Ramón, festas que comezaron o venres cunha verbena a cargo dos grupos Amthia e Dúo Suso, o sábado con Lembranza e Enclave, grupo que repetiu a sesión vermú do domingo. Tamén houbo funcións relixiosas na honra do santo na pequena capela situada no lugar.
A romaría de San Ramón do Paraño ven de moi antigo, algúns datan a súa antigüidade en catro séculos e antano tiña un gran arraigo na comarca das Pontes e arredores, a onde acudían devotos para cumprir coas súas promesas, en especial as nais que recentemente pariran, xa que San Ramón Nonato é o santo dos partos, parteiras, nenos e embarazadas.
As Pontes, 2 de setembro de 2013 (AF)
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
parano
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios