A iniciativa está aberta a todo tipo de establecementos da localidade
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes atópase inmersa xa na promoción da súa campaña de Nadal Merca nas Pontes. Unha campaña na que poden tomar parte todo tipo de establecementos da localidade, sexan ou non asociados da entidade.
Ata o vindeiro 29 de novembro está aberto o prazo de inscrición, polo que o persoal da Asociación está á disposición das firmas interesadas para informarlles dos detalles desta iniciativa, que se ven celebrando dende hai máis de 10 anos con moito éxito, e inscribilos se así o desexan. Poden contactar coa Asociación por teléfono: 981 45 11 53 (en horario de 9:00 a 13:00 horas) ou por mail (asoc.empresarios@mercanaspontes.com).
A iniciativa pretende impulsar as vendas do sector comercial e promocionar a gran variedade de oferta existente na vila pontesa. Ao mesmo tempo, quérese premiar a fidelidade e confianza que deposita o cliente no comercio de proximidade.
Novas
- As torres desapareceron. A súa historia, nunca o fará
- 40 anos do Museo Etnográfico Monte Caxado
- Conmemoración do discurso de Galo Salinas
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil no descenso internacional do Miño
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil
- Folixa Summer Camp 2025
- Dixitic’s
- 3ª Regata Circuito Deputación da Coruña e Travesía de Foz.
- Resultados do Grupo Xuvenil no campionato de España de xóvenes promesas
- Resultados Grupo Xuvenil
Anterior
También podría gustarte